lunes, 23 de noviembre de 2015

XX FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE


Como cada ano dende hai 20, Ourense celebrou o seu Film Festival,  onde coma cada ano se presentaron unha serie de produccións cinematográficas e audiovisuais de Galicia, Europa, América Latina e do resto do mundo.
As películas e documentais que se presentan a este festival teñen todas unha característica en común que é a súa temática comprometida e a innovación.

O palmarés Oficial do 2015 foi o seguinte:

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO
Hannah Murray por “Bridgend”
PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN
Marta Belaustegui por “La decisión de Julia”.
PREMIO AO MELLOR GUIÓN
Pablo Bardauil por “La vida después”.
PREMIO ESPECIAL DO XURADO
Antonio Pérez Carvajal por “El comienzo del tiempo”.
PREMIO “CARLOS VELO” AO MELLOR DIRECTOR
Bernardo Arellano por “El comienzo del tiempo”.
CALPURNIA Á MELLOR PELÍCULA
Techo y Comida”, de Juan Miguel del Castillo
PREMIO DO PUBLICO
“El comienzo del tiempo” de Bernardo Arellano
Este ano a Escola Profesional Santo Cristo tamén estivo presente no festival coa participación no apartado OUFF Escola, cunha curtametraxe feita polos alumnos e alumnas da escola e que levaba por título "Anónimo".
O premio desta vez non puido vir con nós, pero estamos igual de satisfeitos e felicitamos dende aquí ao resto de escolas e institutos gañadores.
MOITOS PARABÉNS!!!!
Agradecémoslle á Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a invitación a gala e a oportunidade que se lle brindan aos rapaces a poder comezar no mundo do cine e facer este tipo de iniciativas onde é fundamental o traballo en equipo e onde os rapaces poden expresar os seus sentimentos de xeito diferente que se fai a cotío.
Ata o vindeiro ano!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario