jueves, 23 de abril de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Xosé Filgueira Valverde, un historiador, escritor, político e etnógrafo nado en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906
Os primeiros anos estuda en Pontevedra ata que pasa a Universidade onde se licenciará en Dereito e Filosofía e Letras na Sección de Historia.
O primeiro traballo de Filgueira foi como profesor no Instituto de Ensino Medio en Pontevedra, logo dirixirá a sección de Historia no Seminario de Estudos Galegos. 
Colaborou en moitos medios de comunicación e foi membro da Real Academia da Historia.
Tamén foi nomeado membro da Real Academia da Lingua así como do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmento e diversas fundacións, academias...
Na súa faceta de político, cabe destacar que foi alcalde de Pontevedra dende o ano 1959 e 1968.