sábado, 28 de noviembre de 2015

E VEÑA FESTA RACHADA!

XIII Exaltación da Centola 2015 - O GROVE - Pontevedra 

Dende o 20 de novembro ata o 8 de decembro a comarca do Salnés, esta celebrando a festa da Centola.
 A centola é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros e familia dos máxidos.
É un cangrexo migratorio de gran tamaño que habita nas costas do Atlántico oriental e no mar Mediterráneo.
O seu cacho está cuberto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir até 20 cm de diámetro.
Trátase dun dos mariscos máis apreciados gastronomicamente.
Álvaro Cunqueiro xa o exaltaba nos seus libros de cociña que nos deixou, como o máis rico froito que nos deu o mar.
foto sacada da Berenguela
III Festa da Pisa da Castaña 2015 - Purdeus - Parada de Sil - Lugo 

Sábado 28 novembro, 11.00h: festa que trata de revivir a conversión das castañas frescas en pilongas ao modo tradicional coa presencia do barquilleiro. Tamén na praza do concello de Parada de Sil degustación de viño novo, bica, empanada, mermelada artesanal, mel de A Teixeira e de Parada, queixo de cabra de Castro Caldelas. Os restaurantes servirán menús con castañas.

IV Festival de orquestas Closing Tour 2015 - Silleda - Pontevedra 

E xa para a semana que ven, vamos ir anunciando o gran festival de orquestas, porque, que sería das grandes verbenas galegas sen unha boa orquesta????
Eu non son quen de imaxinar unha festa galega onde non haxa unha boa mesa e logo unha boa verbena onde poder bailar e falar e convivir co pobo.
Este ano o festival contará con EL COMBO DOMINICANO, PARÍS DE NOIA e LA RICURA + discoteca móvil EME con DJ DAVID EXPÓSITO e DJ MARCOS MAGÁN.
Celebrarase no recinto feiral de Silleda e as entradas custan entre 6 e 8 euros e o nenos entran gratis.
Así que se o 7 de decembro non tes plans, vémonos en Silleda!!!

foto sacada da páxina oficial "El Combo Dominicano"


No hay comentarios:

Publicar un comentario