sábado, 16 de mayo de 2015

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA ESCOLA SANTO CRISTO

Con motivo da celebración na escola do Día das Letras Galegas, fomos a pasalo a casa museo de Otero Pedrayo, a cal está en Trasalba (Amoeiro, Ourense).
Para chegar ata alí primeiro fomos en autobús, pero a 2Km da casa- museo apeámonos e fixemos unha andaina pasando por sitios significativos para Don Ramón Otero Pedrayo os cales recolle no seu libro "Arredor de si".
Unha vez na casa, visualizamos dúas presentacións acerca do significado do día das Letras Galegas e sobre a figura de Filgueira Valverde.
Tamén contamos coa representación dunha obra de teatro feita por alumnado da escola e por suposto recorremos as estancias da casa na que Otero Pedrayo se relaxaba para escribir, recibía aos seus grandes amigos o simplemente vivía.

domingo, 10 de mayo de 2015

UN POUCO DE HUMOR GALEGO PARA ESTE SOLEADO DOMINGO


A ESCOLA SANTO CRISTO PREPÁRASE PARA CONMEMORAR O DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS

Dende a escola estamos preparando a conmemoración das Letras Galegas coma un día moi especial.
Acercarémonos ata a Casa Museo de Otero Pedrayo, e alí faremos un percorrido pola casa, veremos unha montaxe e algunha que outra sorpresa mais.....

jueves, 7 de mayo de 2015

NOTICIAS: FILGUEIRO VALVERDE

Filgueira Valverde chegará aos fogares galegos a través de pezas audiovisuais que se emitirán na televisión autonómica

A Secretaría Xeral de Cultura e a TVG colaboran para difundir entre a cidadanía a obra do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2015
- As tres montaxes, creadas a partir de textos de Filgueira, difundiranse no medio da programación durante a vindeira semana e tamén estarán accesibles en cultura.gal

HUMOR GALEGO