jueves, 19 de noviembre de 2015

PASEANDO POR ARZÚA


UN CAMIÑO EN GALICIA...


Arzúa acolle a principal ruta de peregrinación xacobea, o chamado Camiño Francés que cruza as terras do concello de leste a oeste.

Arzúa é a décimo terceira parada do Camiño Francés e a derradeira gran vila do Camiño antes de chegarmos a Santiago de Compostela.

A camiñada suma dezaseis quilómetros desde a entrada da ruta xacobea por Boente e a súa saída na Calzada.


Ademais deste camiño principal, un segundo itinerario, o denominado Camiño do Norte, cruza as parroquias máis setentrionais de Arzúa e empata co Camiño Francés.



A paisaxe de Arzúa está tracexada polo curso dos seus ríos e regatos.

O río Iso, o Mera e o Ulla, e os seus numerosos afluentes, acobillan nas rúas ribeiras acougantes recunchos e conservan unha vizosa fauna e flora.

A auga é protagonista na fervenza das Hortas e nas numerosas fontes do concello, pero tamén na praia fluvial de Ribadiso ou no encoro de Portodemouros, espazos recuperados para o lecer e a práctica de deportes ao aire libre.


Arzúa conserva importantes masas de bosque autóctono e moitas carballeiras milenarias son escenario de sonadas romarías campestres.

Ao redor dos santuarios Da Mota (na parroquia de Santo Estevo do Campo), da Fonte Santa (na de Lema) e de San Xoán de Navas (en Pantiñobre), atopamos aínda carballos milenarios que , coas súas acolledoras sombras e a solemnidade das súas rexas figuras, abeiran ledas celebracións populares, lendas e tradicións.

Esperámosvos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario