domingo, 8 de noviembre de 2015

O REFRÁN DO MES DE NOVEMBRO

"CASTAÑAS, NOCES E VIÑO, FAN AS DELICIAS DO SAN MARTIÑO" 

"POLO SAN MARTIÑO MATA O TEU PORQUIÑO"

O refraneiro popular galego soe estar relacionado coa comida e coas festas.
Na época de San Martiño son moitos os refráns que lle fan mención e mais na cidade de Ourense por ser o seu patrono.
Por estes días, comezan as matanzas, esas grandes festas familiares que se suceden na maioría das casas dos nosos pobos.
Tamén o redor do día 11 de novembro son moitas as persoas que celebran o magosto.
Na súa orixe, o magosto foi unha festa ao redor do lume e as castañas asadas coa que os galegos agradecían as cosechas. O lume nas casas das frías noites de primeiros de novembro axudaba a compartir contos e lendas antigas entre familiares e veciños.
A noite tamén era o escenario para os grupos de amigos que facían o lume ao aire libre e comían castañas, chourizos asados, e se probaba o novo viño, o cal todo levaba a cantar e contar contos.
A festa ao final remataba cunha gran queimada, polo que xunto que os outros elementos representaban os símbolos da vida e símbolos purificadores.
Ourense víveo como un gran día, inclusive é festivo, pois celébrase o San Martín de Tours, e dende 2008 converteuse en festa de interese turístico de Galicia.
Destaca ese día, pero tanto días antes como días posteriores son moitas as fogatas que deixan ver o fume o redor da cidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario