sábado, 17 de octubre de 2015

E VEÑA FESTA....!!!!

Se algo caracteriza a Galicia son as festas, non hai día, e sobre todo fin de semana que non haxa algunha festa en algún sitio da comunidade.
Así pois intentaremos todas as semanas recopilar algunhas delas para que podades ir comer un bo xantar, mercar unhas rosquillas ou bailar ata que o corpo aguante....

Estes días destacamos as seguintes festas:

* X Concurso de Tapas en Vigo
* IV Xornadas da carne de boi en Allariz
* XXIV Semana Micolóxica en Cambre
* As San Lucas en Mondoñedo
* XVI Feira histórica de Arteixo

Se aínda non sabes que facer, e te atopas preto podes acudir :

* Concerto dos Secretos en acústico en Vilargarcía de Arousa
* Salón Nupcial en Santiago de Compostela
* Ventorock 2015 en Redondela
* III Feira de Empregalia en Vigo
* XVIII Festa do Codillo en Mós



E para os amantes do deporte mañá celebrarase en Pontevedra a XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra.

Así que xa sabedes, nada de quedar na casa que a oferta e moi variada.



sábado, 10 de octubre de 2015

REFRANEIRO POPULAR GALEGO

Din os nosos maiores que os refráns nunca faian e polo tanto este ano publicaremos un refrán para cada semana. Seguro que confirmamos a idea dos nosos antergos e o refraneiro non nos deixa quedar mal.

Hoxe déixovos o primeiro "Outubro quente, inverno detente"

Estamos comezando o mes de outubro polo que veremos como veñen as temperaturas para poder saber se o noso refrán esta acertado. Deica a próxima semana!!!!

miércoles, 7 de octubre de 2015

HUMOR GALEGO

VOLTA AO TRABALLO....

Xa estamos de novo con todos vós!!! De aquí en adiante todas as semanas publicaremos artigos, novas e actividades que se levan a cabo na escola. Esperamos que sexa da vosa utilidade e que podades deixarnos todos os comentarios que vos parecen acordes coa temática!!!