sábado, 14 de noviembre de 2015

ARDE GALICIA... PERO DE MAGOSTOS!!!!!

Encántanos a festa do magosto!!!
Castañas, viño novo, chourizos, amigos, convivir co noso fermoso monte... Elementos imprescindibles para un bo galego.
Esta fin de semana, en toda Galicia se van suceder os magostos, pero na nosa provincia, Ourense, vai ser a fin de semana que máis se poblen os nosos montes.
A cidades arrecende ao fume das cacharelas e nas casas o cheiro a castañas case é habitual.
As docerías énchense de doces típicos, como a tarta de castañas, tarta de San Martiño e cremas feitas deste foito seco tan preciado nesta época.

Así que pois aqueles que esteades a desfrutar do voso magosto pasaino moi ben e aqueles que aínda non vos animastes, queda todo o domingo de momento

E veña festa rachada!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario