domingo, 17 de enero de 2016

OFICIOS GALEGOS: O TALABARTEIRO

Un oficio semellante ao zoqueiro e ao albardeiro é este, o de talabarteiro, que o dicionario da Real Academia Galega define como a persoa que fabrica artigos en coiro. Se os artigos que fabricaban os anteriores eran máis específicos, como chancas ou albardas respectivamente, éste, facendo uso dos mesmos aparellos que os anteriores, realiza unha ampla amalgama de artigos en coiro, tanto accesorios para o vestir (guantes e manoplas, cintos, bolsos, carteiras,...) como artigos en coiro útiles para o fogar, como a cinta da roda de afiar, fundas para pandeiretas e para navallas, axendas ou sacas.
www.xunta.es
Se noutrora este oficio era itinerante, na actualidade, os poucos que aínda o desempeñan, na maioría dos casos herdado dos seus maiores, teñen un pequeno establecemento aberto de cara o público, no que están na meirande parte do ano, e, a maiores, venden en distintas feiras e romarías ao longo de todo o territorio nacional.
Que me dis?, soache ver este tipo de comerciantes nas feiras da túa localidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario