jueves, 7 de enero de 2016

De viaxe preto de casa...



NA RIBEIRA SACRA

A Ribeira Sacra comprende as terras bañadas polos ríos Sil e Miño na zona do interior de Galicia na que se unen os dous ríos. Nos últimos quilómetros antes de desembocar no Miño, á altura da aldea de Vos Peares, o Sil flúe na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense ao longo dun profundo canón, creando deste xeito unha paisaxe impresionante e pouca común, sinal de identidade deste territorio
Nestas paraxes, en moitos puntos bucólicos, noutros agrestes, establecéronse nos comezos do cristianismo monxes e eremitas para practicar a vida ascética. Estes asentamentos deron lugar, co paso do tempo, a florecentes conventos que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome Ribeira Sacra, do que existe constancia escrita desde o século XII.


O mosteiro máis importante é o de Santo Estevo de Ribas de Sil, un centro de poder non só relixioso, xa que o seu abade foi durante séculos o encargado de impartir xustiza e nomear escribanos e oficiais de aduana.
Como herdanza dos últimos 1.500 anos, esta parte de Galicia conta cun valioso patrimonio, no que non faltan castelos, igrexas, pazos ou pontes. A súa riqueza histórica complétase con restos arqueolóxicos pertencentes á Idade do Bronce e á Idade do Hierro, así como outros que dan fe da presenza das lexións neste punto do extremo occidental do Imperio Romano.


O relevo da Ribeira Sacra componse de altiplanos e montes suavizados pola erosión, que deixan paso, de forma abrupta, á canle do Sil. O resultado é un canón, formado fai millóns de anos, que nalgúns puntos consegue unha profundidade de 500 m. Debido á construción de varios encoros, o río é navegable nun tramo de 40 km. Os cruceiros en catamarán, un dos atractivos turísticos da zona, permiten gozar dos recunchos máis recolleitos, inaccesibles doutro xeito pola dificultade do terreo. Nas alturas do canón abundan os miradoiros naturais colgados sobre o río, atalaias ideais para a contemplación dunha paisaxe de inusual beleza.
A vexetación da ribeira componse de carballos, castiñeiros, bidueiros e alisos, ademais de xestas, toxos e codesos. O paso das estacións transforma as cores da terra ao ritmo que marca a Natureza. Entre os cultivos destacan os viñedos, dispostos en bancales, ás veces acompañados de cipreses. Os viños da comarca, complemento perfecto para unha apreciada gastronomía, comercialízanse baixo a denominación de orixe Ribeira Sacra.
A particular orografía destas paraxes convérteos nunha contorna privilexiada para a práctica de todo tipo de actividades ao aire libre. Tampouco hai que esquecer a proximidade da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. Para os espíritos menos atrevidos, existe un variado repertorio de festas tradicionais e eventos culturais, ás veces celebrados en castelos e claustros. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario