miércoles, 6 de enero de 2016

JULIO IGLESIAS PUGA

 JULIO IGLESIAS PUGA

Desta volta vouvos a falar dun galego que todos coñecemos
Pero por outros motivos alleos ós verdadeiramente importantes.
Sí, este home é o pai de Julio Iglesias, o famoso “papuchi” pero de non ser polo seu fillo, este home tamén merece ser coñecido e admirado por outros motivos ben distintos.
Julio Iglesias Puga, nado en Ourense o 26 de xullo de 1915 e morto en Madrid o 19 de decembro de 2005, foi un xinecólogo galego. Ó inicio da súa carreira profesional, foi un dos xinecólogos máis novos da Seguridade Social e dos primeiros en estudar o parto sen dor. Foi un dos creadores dunha clínica chamada Maternidade, en Madrid, onde foi xefe do departamento de esterelidade, infertilidade e planificación familiar. Loitou porque non houbese diferenzas nos partos entre “ricas” e “pobres” e porque todas estiveran o máis a gusto posible, por iso as habitacións contaban con camas cómodas e baños propios sen necesidade de pagar por iso. Falar de cousas así, a estas alturas parece moi evidente pero os comenzos son sempre difíciles e alguén  ten que ser o pioneiro…
Có tempo, e debido a popularidade do seu fillo, deixou de ser o Doutor Iglesias para se convertir en “Papuchi”, o pai de Julio Iglesias e avó de Enrique Iglesias…"Raro, raro,raro"
Ser pai de quen foi non só lle trouxo música e concertos, precisamente por iso, foi secuestrado pola banda terrorista ETA, que o retivo 21 días en Zaragoza, ata que a policía o ceibou o 19 de xaneiro de 1982. a raíz deste percance, mudou para Miami, nos Estados Unidos.
Nos últimos anos, e despois de casar en segundas nupcias cunha dona ben máis nova e despois de ser pai por inseminación artificial, viviú entre Miami e Madrid, onde era unha figura coñecida pola prensa rosa debido a súa simpatía e espontaneidade. Por isto último e por todo o anterior, moitas gracias Doutor Iglesias.

Fontes: wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario