O Estatuto de Autonomía de Galicia é a norma institucional básica da
Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito da Constitución española de 1978, o
Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de
nacionalidade histórica, por eso os poderes da mesma van estar baseados neste Estatuto, na Constitución e no pobo galego. Aparte do actual que foi aprobado en 1981, antes houbo un anteproxecto e durante a Segunda República Española
aprobouse un Proxecto de Estatuto de Autonomía, que non chegou a entrar en
vigor debido ao estallido da Guerra Civil.
O estatuto actual ten a seguinte estrutura
- Título preliminar
- 5 títulos con 57 artículos
- 4 disposicións adicionais
- 7 disposicións transitorias
O contido fundamental do Estatuo recolle:
- Define o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (art.2) e as bases da división e organización administrativa do territorio de comarcas e parroquias rurais (art. 40).
- Definición política da condición de galego (art. 3). Recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro.
- Os símbolos propios de Galicia: bandeira, escudo e himno (art. 6).
- Recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a cooficialidade co castelán (art. 5).
- Estrutura orgánica do goberno autonómico.
- Institución dunha figura análoga ao Defensor do Pobo.
- Facenda e patrimonio propios (título IV).
- Competencias propias de acordo a Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.
O 6 de abril de 1981, o estatuto foi
firmado polo rei Juan Carlos I, e polo presidente do goberno Leopoldo
Calvo-Sotelo, no Palacio Real de Madrid.
OS SÍMBOLO MÁIS DESTACADOS DE GALICIA SON:
A bandeira de Galicia é branca e
está cruzada por unha banda azul e na institucional ten que levar
obrigatoriamente o escudo.
En canto ao himno ten as catro
primeiras estrofas das dez do poema de Eduardo Pondal, “Os Pinos” e a música
composta por Pascual Veiga.
A parte disto Galicia conta con
numerosas mostras de identidade, ten diferentes instrumentos propios como as
cunchas, as tarrañolas, o bombo e a gaita galega, temos comidas que nos
identifican como a empanada galega, polvo a feira, lacón con grelos ou o caldo.
O mar ofrécenos o rico marisco e como contraposición están as fermosas paisaxes
e rías galegas.
Todo elo fai de Galicia, e das súas xentes como unha Comunidade rica en costumes e en cultura, rica nas súas xentes amables e solidarias, fan da rexión máis afastada de Europa que sexa a meta do Camiño de Santiago que tantos e tantos peregrinos recorren ao longo do ano para chegar a Santiago e atravesalo pórtico da Gloria, e os máis atrevidos acabar a súa longa viaxe en Fisterra, ese cabo máis afastado que nos abre a porta para cruzar a América, lugar onde milleiros de galegos foron emigrantes.
A morriña dos galegos fan que sexamos xente de corazón e que vivamos a nosa cultura e as nosas costumes aquí e aló donde imos.
Porque ser galego é un sentimento, máis que unha condición que nos afaste dos demáis.
Aprendemos moito ainda que non tiñamos moita idea sobre o estatuto.
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario e se queres seguirnos con frecuencia subimos noticias moi diversas. Un saúdo
Eliminar