domingo, 27 de diciembre de 2015

ACABASE O ANO 2015!!!



O 2015 está dando os últimos coletazos, e case todos facemos balances, dende este blogue queremos agradecervos as vosas visitas e que cada ano crezamos en número de visitantes e seguidores. Gustaríanos chegar a ser referente para moitos na cultura galega, que cada día interese a máis, coñecer os moitos rincóns que vos amosamos de Galicia, porque aquí temos natureza, temos arquitectura, ríos, rías, e moitas historias en cada lugar ao que acudamos.
Queremos que coñezades as nosas festas, e como non a nosa gastronomía, que desfrutedes acudindo as numerosas feiras e festas gastronómicas os fins de semana ou que sexades vós os que cociñades para a vosa familia as saborosas receitas de cociña que aquí deixamos tódalas semanas.
Somos moitos os curiosos nos oficios artesáns que a tantas e tantas familias alimentaron e que hoxe é un símbolo máis da nosa gran riqueza cultural e artística.
E porque non, gústanos render pequenos homenaxes aos persoeiros importantes de hoxe e de onte. Porque son moitos e moitas os que levan o nome de Galicia polo mundo adiante, porque Galicia e única e Galicia é calidade.
Así pois, dende o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística da Escola Profesional Santo Cristo desexámosvos un feliz fin 2015 e que o 2016 veña cheo de ledicia e sobre todo cheo dunha gran curiosidade por coñecer e amar Galicia, porque sabendo quen somos, seremos quen de traballar, de amar e de querer o noso e o alleo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario