domingo, 3 de abril de 2016

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA!!!

O xoves fíxose a presentación oficial das etapas da Volta Ciclista a España que pasarán pola provincia, no Auditorio da cidade das Burgas, Ourense.
Alí os grandes Perico Delgado e Óscar Pereiro xunto con Unipublic e a Deputación de Ourense. 
O Balnerario de Laias será o escenario da saída oficial da Volta 2016.
A Volta a España 2016 disputarase do sábado 20 de agosto ata o domingo 11 de setembro de 2016 e contará con 21 etapas, cun recorrido total de ao redor de 3277,3 kilómetros


  • 7 etapas chairas (2 con final en alto).
  • 12 etapas de media e alta montaña.
  • 1 etapa de contrarreloxo por equipos.
  • 1 etapa de contrarreloxo individual.

Características da proba

  • 29,4 km contrarreloxo por equipos
  • 39 km contrarreloxo individual
  • 51 portos de montaña
  • 2 días de descanso

Para a provincia de Ourense será un gran escaparate para dar a coñecer as grandísimas posibilidades de turismo que ofrece a cidade, posto que Ourense é unha provincia termal.
Esta será a gran publicidade que acompañará as etapas da Volta no recorrido que farán pola provincia.

Pero nas etapas de Galicia non só recorrerán Ourense senón que outras fermosas estampas serán escenarios de singular beleza para os telespectadores que sigan todos os días dende os seus fogares a carreira ciclista máis importante de España.
Viveiro, o Mirador do Ézaro, Monforte, Betanzos, Marín, Lugo... elixir a mellor será case imposible, por iso nós quedamos con todos e como non, recomendamos viaxar ata aquí para deixarse embelesar pola gran natureza coa que conta Galicia, ademáis da gran gastronomía.
Añadir leyenda

No hay comentarios:

Publicar un comentario