jueves, 28 de abril de 2016

PESCADITOS

BACALLAU Á BRASA

INGREDIENTES

1 anaco de bacallau por persoa
1 cebola
Aceite de oliva
Vinagre
Para acompañar: 
1 pataca mediana por persoa
Pemento vermello
Cebola
Aceite de oliva

PREPARACIÓN

Importante facer unhas boas brasas, neste caso con ramas de vide e carozos de millo.

Untar ben o bacallau con aceite de oliva.

Cando as brasas esten listas pomos o bacallau a asar, dandole a volta para que se faga polos dous lados, o punto de asado é a gusto do comensal
Para acompañar facemos unhas patacas ao pobre: pomos a quentar unha tixola con abundante aceite de oliva.

Cando este quente engadimos as patacas cortadas en rodas finas, a cebola picada e o pemento vermello cortado en tiras.
Freimos ben e cando esten listas sacámolas a un prato que poremos inclinado para que escurran ben o aceite que poidan ter.

Cando o bacallau este asado o emplatamos, e por encima pómoslle cebola cortada, un chorrito de aceite de oliva e unhas pingas de vinagre e o acompañamos coas patacas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario