viernes, 1 de abril de 2016

PESCADO

INGREDIENTES

1 rodaballo individual de 1/2 kg aproximadamente
2 dentes allo
sal
vinagre de viño branco
1 cdamostaza do tamaño das do café
aceite de oliva virxe
perexil picadito
ensalada variada para acompañar 

ELABORACIÓN

Collemos a bandexa do forno e o untamos cun pouco de aceite de oliva e un pouquiño de auga, colocamos encima o rodaballo e pómoslle un pouco de sal por encima e metémolo ao forno precalentado uns 20 minutos.

Collemos unha tixola co aceite de oliva e os dentes de allos laminados e o perexil picadito e retirámolo do lume, sacamos o rodaballo do forno e botamos un chorretón de vinagre encima do rodaballo.

A continuación sen que se nos escorregue o rodaballo collemos todo o mollo da bandexa do forno e botámolo á tixola, pómola outra vez ao lume e pomos a culler de mostaza dámoslle unhas voltas coa culler de madeira e quente botámolo por encima do rodaballo.

Presentación, colocamos o rodaballo no prato e adornámolo coa ensalada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario