viernes, 22 de abril de 2016

CAMIÑO DO NORTE

Esta vía é tan antiga como o Camiño Francés, os reis europeos da Idade Media inclinábanse por ela para chegar a Santiago.
Conforme avanzou a Reconquista e os terreos do sus recuperaron a paz, o Camiño do Norte cedeu pouco a pouco protagonismo. Durante séculos apenas foi empregada polos peregrinos, sen embargo, o renacer do peregrinar a Santiago volveulle dar a súa importancia como ruta e comeza a ser de novo moi popular. A distancia que recorre é a segunda máis longa, por detrás da Vía da Prata. A paisaxe e o terreo convértena nunha opción moi especial, pero por contra, a rede de aloxamentos peregrinos é escasa, aínda que hai alberguesen todo o recorrido e está moi ben sinalizado.


Los Caminos del Norte. (galicias.com)

ITINERARIO

A primeira frecha amarela, que indica o inicio do camiño atópase en Hendaya, na Ponte de Santiago. Xusto no límite fronterizo con Francia.
O camiño transcorre durante a maior parte pela costa ou próxima a ela, é un trazado algo máis duro que o camiño Francés pero cunhas paisaxes moi fermosas onde destaca a cor verde e fúndese coa cor do mar. É unha experiencia con máis contacto coa natureza, á vez que se coñecen agradables e pequenos pobos con xente amable e acolledora.
Consta de 800 km que se reparten en 34 etapas para facelas camiñando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario