domingo, 3 de abril de 2016

CAMIÑO FRANCÉS

O camiño francés é o que une Saint Jean de Pied de Port (Donibane Garazi) con Santiago de Compostela e converteuse na ruta máis importante e popular das peregrinacións xacobeas. 
No 1993, Ano Xacobeo, prodúcese o rexurdimento peregrinal. A mestura de reto deportivo coa relixiosidade, coa búsqueda do auténtico e dun mesmo, todo elo escoltado por estilos románicos e góticos entre lendas e milagres fan do Camiño de Santiago unha experiencia singular.

O camiño francés está cheo de grandes monumentos con gran valor artístico.
O traxecto recorre as grandes zonas vinícolas da Rioxa, as grandes chairas da meseta e as fermosas montañas de Galicia, entre outros pobos maravillosos que encontramos ao longo deste camiño.
Para facer este camiño a mellor época do ano é primavera e outono, aínda que todas teñen un encanto especial. Os meses de maio, xuño e setembro son os meses máis apropiados, posto que é cando hai menos peregrinos, xa que o 75% fano no mes de xullo ou agosto, e así é mais sinxelo para poder atopar albergues e se o camiño se fai coa intención de reflexionar e buscar o silencio para atoparse cun mesmo, estes serán os meses que debas elixir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario