jueves, 17 de marzo de 2016

DOCE...


TARTA DE LIMÓN




INGREDIENTES

- Galletas tipo Digestive, 250 gramos
- Manteiga sen sal, 125 gramos
- Azucre, 250 gramos
- Queixo cremoso, 300 gramos
- Raiadura de dous limóns
- Zume de un limón
- Nata líquida, 200 ml
- Auga, 250 ml
- Xelatina de limón, un sobre


PREPARACIÓN


Imos empregar un molde desmoldable duns 26-28 centímetros para facer esta torta de limón, polo que os ingredientes están axustados a ese tamaño. Teno en conta por se vas usar outro molde de diferente forma e/ou tamaño para axustalos, pero sen perder a proporción entre eles, xa que é importante mantela para que a receita salga perfecta. 


Primeiro prepararemos a base da nosa torta, para o que imos a triturar ben as galletas, empregando unha picadora ou o sistema que prefiras. Usamos galletas de tipo Digestive porque nos gusta a súa textura, pero se tes outro tipo tamén podes usalas. Unha vez téñalas machucadas, bótaas no vaso da batidora xunto á manteiga un pouco derretida, mestúraas o mellor posible até conseguir unha pasta de textura densa e homoxénea. Con esta pasta imos cubrir a base do molde, esmagándoa ben para compactala, e metémola na neveira para que se calle. 

Pomos a ferver un cazo coa auga indicada, e cando ferva engadímoslle o sobre de gelatina de limón, removemos e cando estea lista retirámola do lume. Doutra banda imos a rallar a pel de dous limóns e a espremer un deles para sacarlle todo o seu mollo. E a continuación imos bater até formar unha crema homoxénea a nata, o azucre, o queixo cremoso, o zume e a ralladura de limón e a gelatina. 

Sacamos o molde da neveira e se a base está xa endurecida, botamos por encima a crema que batemos antes, repartímola ben por todo o molde e imos deixar arrefriar no frigorífico até o día seguinte, para que se calle do todo e quede perfecta. Se a deixas 24 horas antes de servila vaiche a quedar no seu punto. Sírvea sen que perda o frío para gozar de todo o sabor e textura desta rica torta de limón. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario