sábado, 12 de marzo de 2016

CAMIÑO INGLÉS!!!

Pola súa situación estratéxica, Ferrol e A Coruña son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. O primeiro itinerario marítimo coñecido, escrito entre 1154 e 1159 polo monxe islandés Nicolás Bergsson, describe a viaxe dende Islandia ata Dinamarca, e a pé ata Roma. Esta ruta marítima a seguiron os islandeses e escandinavos que peregrinaron a Santiago.
Durante o S. XIV e o primeiro terzo do XV, os británicos empregaron o barco para vir a Santiago. A súa presenza está sobradamente probada coas pezas de cerámica e numismática inglesas da época encontradas nas excavacións da catedral compostelana.
As ofrendas ao Apóstol son outra pegada da existencia das peregrinacións marítimas, a máis célebre é o retablo portátil de alabastro doado en 1456 polo clérigo John Goodyear; ou a Cruz de perlas doada polo rei Xacobe IV de Escocia (1475-1513).
Os peregrinos contaron cos hospitais da orde franciscana do Sancti Spiritus, baixo os auspicios do noble Fernán Pérez de Andrade, "O Bo". No tramo que parte de Ferrol situabanse en Ferrol, Neda, Miño, Paderne e Betanzos. Na ruta que parte de A Coruña contaban con hospitais na cidade e cos de Sigrás e O Poulo, a medida que avanzaban. Os archivos destes hospitais dan noticia de defuncións de ingleses, nórdicos, alemáns, franceses e italianos, un dato máis que mostra a relevancia das peregrinacións por esta ruta.
ETAPAS
* Variante de Ferrol
- Ferrol - Neda
- Neda - Miño
- Miño- Bruma
* Variante de A Coruña
- A Coruña - Bruma
- Bruma - Sigüeiro
- Sigüeiro - Santiago
PUNTOS DE INTERÉS

Se escolles este camiño deberías pararte a contemplar A Torre de Hércules, a Praza de María Pita en Coruña, Santiago onde cada rincón e fascinante, Ferrol, cidade con escondites para deixarse encadilar, Pontedeume... e milleiros de sitios máis con encantos diferentes.

Ao mesmo tempo que se desfruta dun fermoso paisaxe non debemos perder as delicias gastronómicas, que se basan nunhas materias primas de gran calidade que son unha exquisitede para os nosos padais: pulpo, Lacón con grelos, tortilla, pans, troitas, queixos de tetilla...


No hay comentarios:

Publicar un comentario