jueves, 10 de marzo de 2016

De carne


LACÓN ASADO


INGREDIENTES

1 Lacón galego salgado de 2 Kg.
2 Feixes de grelos frescos
4 Chourizos frescos
8 Patacas galegas tipo cachelo
100 ml de aceite de oliva virxe extra

ELABORACIÓN

A elaboración deste prato comeza 48 horas antes de servilo na mesa, xa que é o tempo necesario para conseguir que se desale o lacón e estea no seu punto óptimo de cocción. Mergullamos o lacón en auga fría abundante, que o cubra por completo, e imos cambiando esta auga cada 8 horas. Na véspera da preparación da receita, pola noite, pomos o lacón en auga renovada (que o cubra por completo) nunha cazuela grande onde vaiamos cociñalo.

Levamos a auga a ebulición e baixamos a lume medio, cociñándoo durante 15-20 minutos a esa temperatura. Apagamos e deixámolo repousar até a mañá seguinte neste caldo que se formou.

Cociña Lacón con grelos é unha receita sinxela pero que nos vai a levar o seu tempo, así que debemos comezar a elaborala polo menos unhas 2h e media antes da hora prevista para comer. Na mesma cazuela onde repousou, volvemos pór a ferver o caldo e logo cociñamos a lume medio, coa cazuela tapada, durante 2 horas. A proporción que adoita facerse é de 1 hora por cada quilo que pese a peza de lacón. 
Cando se cumpran as 2 horas de preparación do lacón, retiramos do lume a cazuela e deixamos que repouse. Noutra pota, pomos a ferver un pouco do caldo da cazuela principal e cocemos as patacas en metades e os chourizos enteiros, aproximadamente 30 minutos.

Lavamos os grelos en auga fría baixo a billa e retirámoslles os talos máis grosos, as follas que poidan estar mustias ou as que estean algo amareladas. Para os que non esteades familiarizados co sabor do grelo, que ten un certo amargor, podedes darlles un escaldado previo de 2 min en auga fervendo. Pasados 20 minutos de cocción de patacas e chourizos, engadimos os grelos e cociñamos outros 10 minutos. Comprobamos o punto das patacas picando cun tenedor, e escurrimos os grelos.

Retiramos o lacón do caldo e coa calor que trae poderemos separar sen dificultade o óso da carne. Cortamos/trinchamos en rodajas dun centímetro de grosor. Servimos todo ben quente na mesa da seguinte forma: o lacón e os chourizos troceados nunha fonte e as patacas e os grelos noutra. Acompañamos dun bo aceite de oliva de calidade. Esta receita elaborámola sen sal xa que en todo momento cociñamos no caldo de cocer o lacón, que xa achega suficiente sal aos ingredientes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario