jueves, 4 de febrero de 2016

POSTRE RICO



ORELLAS DE ENTROIDO


INGREDIENTES
  • 2 ovos pequenos
  • 50 ml de anís ou augardente de cana
  • 500 g de fariña trigo
  • Un chisco de sal (5 g.)
  • 100 g de manteiga ou manteiga de porco (receita orixinal)
  • 120 g de azucre glass
  • O raiado dun 1 limón, unha laranxa ou 2 mandarinas (ao voso gusto)
  • 200 ml. de auga tépeda
  • Azucre glass para espolvorear
  • Aceite de oliva extra virxe (para fritir as orellas)

ELABORACIÓN


Lavamos a froita que elixísemos para darlle sabor ás nosas orellas: limón, laranxa ou mandarina. A min encántame con laranxa, pero aquí vai por gustos. Raiamos a laranxa e reservamos.

Nun bol grande botamos a auga amornada, un belisco de sal, a manteiga previamente derretida, a ralladura dunha laranxa, o azucre, o anís e os ovos. Batemos ata que nos quede unha crema sen grumos. A continuación imos engadindo a fariña de trigo aos poucos mesturando primeiro con varillas e logo coa man.

Amasamos até que nos quede unha masa graxa e manexable, é moi suave de traballar e cun aspecto húmido parecido á masa dos pestiños. Neste caso o segredo da masa, todas teñen un, é o repouso. Con deixala repousar unha hora é suficiente, pero se a deixades na neveira que sexan dúas ou tres horas. Lembrade que se vos sobra podedes congerlarla.

O seguinte paso é o estirado da masa, collemos porcións de dous centímetros, do tamaño dunha noz. Esmagamos un pouco e estiramos na encimera da cociña coa axuda do rodete ou dunha botella. Un pequeno truco é untar con aceite de oliva o rodete para que sexa máis fácil o estirado pero non debemos empregar fariña aínda que se pegue, se nos pasase podemos untar a zona de traballo tamén cun pouco de aceite de oliva.

Os panos de orella deben de quedar super finos, como o papel, o máis posible. Este paso é moi importante porque unhas orellas grosas non van gustar, o que imos conseguir é comer tostas fritas, lembrade: moi finas. Con estas medidas dá para uns 20 panos de 18cmx12cm máis ou menos.
Agora é o momento de darlle a forma se queremos, cos dedos facemos un pliegue nun lateral dándolle a forma desexada, neste caso de orella, pano, láminas? aquí ao gusto do cociñeiro/a...



No hay comentarios:

Publicar un comentario