jueves, 18 de febrero de 2016

Comer con frío...


SOPA DE MARISCO


INGREDIENTES

-  Unha pescada
- Un kilo de ameixas 
- Un kilo de gambas
- Un kilo de mexillóns 
- 500 gramos de cola de rape limpa
- Unha cebola
- Un par de dentes de allo
- Viño branco
- Pementón
- Guindillas

PREPARACIÓN


O primeiro que faremos será cocer o peixe, a pescada e o rape. Deixámolo cocer uns 15-20 minutos; para logo limpalo moi ben e desmenuzarlo. O caldo sobrante do seu cocción RESERVÁMOLO. 

Despois facemos o mesmo, coas ameixas, as gambas e os mexillóns; RESERVANDO os seus caldos tamén; pelando posteriormente as gambas, e quitándolles as cascaras aos mexillóns. É habitual que as ameixas conteñan un pouco de área. O ideal é deixalas polo menos unha ou dúas horas na auga, así que procura facelo con suficiente antelación. 

A continuación, nunha cacerola grande a lume lento, vertemos o caldo de peixe que RESERVAMOS, incorporamos os anacos que desmenuzamos de rape e de pescada. Este tipo de peixe adoita gustar a todo o mundo polo seu bo sabor, pero ademais disto a pescada ten un alto contido nutricional como lle ocorre á maioría dos clasificados como peixes brancos. Tamén engadimos as gambas, ameixas, mexillóns cos seus respectivos caldos e imos dando volvas e rehogando moi ben. 

Mentres isto vai collendo consistencia, imos a pochar nunha tixola a cebola moi picadita, os ajitos cun bo chorro de viño branco; este tipo de viño obtense a partir dalgunhas variedades de uvas brancas, para a súa elaboración se fermenta o mosto sen as sementes nin a pel. Cando vexamos que ten un ton dourado apartámolo do lume e engadimos á pota. 

Acto seguido, engadímoslle un pouco de pementón ao gusto, unhas guindillas e seguimos removendo uns minutos máis. Entre os distintos tipos de pementón que existen podemos elixir o que máis nos guste, ten especial coidado se elixes algún picante, pois o seu sabor marcará moito a toda a receita. E listo xa temos esta contundente receita de sopa de marisco tradicional. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario