domingo, 14 de febrero de 2016

ATA O ANO QUE VEN ENTROIDIÑO....

Esta fin de semana é o adeus do Entroido.
Son moitas as comarcas que celebraron onte sábado e hoxe domingo o Día da Piñata.
En Carballiño celébrase hoxe domingo a "XII Festa da Cachucha", como parte das festas do Entroido e xa como cerre ata o vindeiro ano. Nela non só se come a cachucha senón que tamén hai comparsas e folión que animan as rúas carballinesas. Ás 17,00 horas porase o punto e final co desfile de comparsas e cun gran baile na Praza Maior.
Domingo Piñata
foto do Concello de Xinzo de Limia
En Xinzo de Limia e en Verín tamén se despiden hoxe da súa festa grande co Domingo de Piñata onde os nenos serán os protagonistas e rematarase a xornada coa actuación da Orquesta "La Fórmula".
Folións e comparsas animan a Festa da Cachucha
La Región
A conta atrás comeza para un novo entroido....
Reloj situado en la Praza Carlos Casares de la localidad limiana.
La Región

No hay comentarios:

Publicar un comentario