domingo, 21 de febrero de 2016

OS CAMIÑOS QUE LEVAN A SANTIAGO

Santiago de Compostela é a capital de Galicia e punto referente para moitos que desexan achegarse ata ela por diferentes intereses e curiosidades.
Moitos chegan a Santiago movidos pola fe, outros por reencontrase con eles mesmos no longo e duro camiño, outros simplemente por ocio e pasar uns días cos amigos, ... ,; pero sexa cal sexa a motivación está claro que cando se chega ata a Praza do Obradoiro todos quedan abraiados coa grandeza da Catedral, e son poucos os que non se deitan ou sentan a contemplala.
Hai diversos camiños para chegar ata alí, e cada un ven dende unha punta do mundo.
Cada semana imos ir coñecendo un deles, esta semana toca o Camiño de Fisterra-Muxía:

Esta ruta xacobea, ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e no Santuario da Virxe da Barca.
Moitos son os peregrinos que deciden prolongar a súa viaxe ata a Costa da Morte, posto que para os mais antergos era a punta máis occidental de Europa, e o tramo final dun itinerario marcado no ceo pola Vía Láctea.
O Códice Calixtino fala que os discípulos de Santiago foron ata Fisterra para pedir permiso para enterrar ao Apostol en Compostela e alí foron encarcelados, pero logo conseguiron fuxir e cando ían ser atrapados cruzaron unha ponte que se derrumbou ao paso da tropa romana que os perseguía.
Hoxe é típico queimar a roupa do camiño e facer unha foto mentres descansas e te concentras ti só aos pés do Faro.


Peregrinos en Fisterra / Fotografía de José Manuel Casal
http://caminodesantiago.lavozdegalicia.com/camino/fisterra-muxia/
AS ETAPAS DESTE CAMIÑO

Etapa 1: Santiago a Negreira
Etapa 2: Negreira a Olveiroa
Etapa 3: Olveiroa a Fisterra
Etapa 4: Olveiroa a Muxía
Etapa 5: Fisterra a Muxía

Todos os días podemos acceder a páxina de MeteoGalicia para saber o tempo que nos espera ao longos dos distintos camiños e ademáis podemos indagar tamén polas curiosidades e pola historia que nos contan de cada camiño.


Deica a vindeira semana que viaxemos ata Santiago por outro dos camiños!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario