jueves, 25 de febrero de 2016

Amasando.



EMPANADA GALEGA DE ATÚN


INGREDIENTES PARA A MASA
  •  200g de fariña 
  •  100cc de auga
  •  Unha cullerada de zume de limón
  •  Unha pizca de sal


INGREDIENTES PARA O RECHEO


  • Unha cebola grande
  • Dúas latas atún
  • Un pemento verde
  • Dous ovos cocidos
  • 150 mililitros de salsa de tomate caseira
  • Sal
  • Aceite
  • A xema dun ovo batido
  • Pementa
  • Manteiga


  • ELABORACIÓN DA MASA

    1. Nun vaso mesturar a auga, o limón e o sal.

    2. Botar a fariña nun bol e logo o líquido formando unha masa firme. Enharinar a mesa e colocar o bolo.

    3. Cun pau estirar e dobrar a masa por 5 veces dándolle forma rectangular, logo levar á neveira por 20 minutos.

    4. Levar a masa a unha mesa pouco enharinada, estíraa ou pouco para logo colocar o empaste no centro con espazo de dous centímetros por arriba e abaixo, deixando os lados como para poder dobrar a masa até o centro para pechalo.

    5. Co pau nivelar o hojaldre presionando e levantando varias veces, primeiro no centro e logo cara aos lados. Estirar o hojaldre unhas 3 veces o seu tamaño de longo sen enharinar moito e con coidado de non rompelo, dobralo en tres partes (volta simple) unir levemente co palote e deixar descansar máis de 15 minutos na neveira.

    6. Repetimos estes pasos 3 veces máis e por ultimo estiramos a masa até darlle un espesor de 2mm ou menos. Cun cortapastas redondo de 10 a 12 cm cortamos as tapas, os recortes podémolos aproveitar para masa de empanadas fritas.

    7. Enfariñamos as tapas e gardar con separadores de papel celofán ou con papel filme. Conservar en neveira até 24h.

    PASOS A SEGUIR

    Comezamos preparando o recheo. Para iso picamos ben a cebola e o pemento e o sofreímos nunha tixola a lume lento con bastante aceite. Cando estea listo engadímoslle o atún, ovo cocido picado, sal, pementa e a salsa de tomate.

    Nunha placa de forno, engrasada con manteiga, estendemos unha parte da masa e engadímoslle o recheo.

    Tapamos coa outra parte, picamos varias veces co tenedor e pintamos coa xema dun ovo batido.

    Precalentamos o forno a 200ºC e metemos a empanada.

    Sacar cando estea dourada.



    No hay comentarios:

    Publicar un comentario