sábado, 16 de mayo de 2015

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA ESCOLA SANTO CRISTO

Con motivo da celebración na escola do Día das Letras Galegas, fomos a pasalo a casa museo de Otero Pedrayo, a cal está en Trasalba (Amoeiro, Ourense).
Para chegar ata alí primeiro fomos en autobús, pero a 2Km da casa- museo apeámonos e fixemos unha andaina pasando por sitios significativos para Don Ramón Otero Pedrayo os cales recolle no seu libro "Arredor de si".
Unha vez na casa, visualizamos dúas presentacións acerca do significado do día das Letras Galegas e sobre a figura de Filgueira Valverde.
Tamén contamos coa representación dunha obra de teatro feita por alumnado da escola e por suposto recorremos as estancias da casa na que Otero Pedrayo se relaxaba para escribir, recibía aos seus grandes amigos o simplemente vivía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario