martes, 1 de diciembre de 2015

PERSOEIRO



No día de hoxe imos a falar doutro dos grandes persoeiros da nosa terra. Neste caso tràtase dun empresario de éxito, que aínda que non lle gusta prodigarse nin aperecer moito en público é ben coñecido por aparecer cada ano na lista de FORBES e en tódalas listas que nomean á xente mais acaudalada do mundo.

Pode que a súa imaxe non sexa moi popular pero desde logo está moi presente na nosa vida desde ben cedo, desde que abrimos o noso roupeiro para decidir que modelo imos por. Quen non ten algunha prenda do grupo INDITEX? Se me dís que ti non ,non te vou crer...

                                                                                                             (imaxe de reinacaceres.com)

Amancio Ortega Gaona  (79), fillo de país vascos pero nado na provincia de León polo traballo de ferroviario de seu pai, que axiña se trasladou a Arteixo onde coñeceu, casou é fundou xunto coa súa primeira dona (Rosalìa Mera) a primeira tenda do grupo Inditex. Sen embargo, ese non è o verdadeiro principio da sua historia empresarial.

De mozo, con só 14 anos, Amancio empeza a traballar en distintas tendas do sector textil en Santiago de Compostela e A Coruña e será en 1963 cando funde a compañía Confecciones GOA, adicada á fabricación de albornoces. O negocio medra, chegando à distribución por varios países europeos. É aquí cando xorde a idea de ser non só vendedores, senón tamén fabricantes e distribuidores de productos propios.

No ano 1975 abre a primeira tenda Zara nunha cèntrica calle da cidade da Coruña e no 1976 empeza a estenderse polo resto de España aumentando o seu volume empresarial. Finalmente no 1986 crea o grupo Inditex para acoller todas as empresas de confeción e distribución que posúe.

Pero este gran emprendedor non é soamente un empresario de éxito, senón tamèn una persoa adicada á creación de fundacións sociais e deportivas.

Como pai dun fillo cunha seria discapacidade, crea una fundación para acoller e axudar na integración de discapacitados chamada Paideia. Mais adiante, no ano 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, de carácter privado pero sen ànimo de lucro, que promove actividades no eido da cultura, investigación, educación e ciencia.

No ámbito do deporte, como gran aficionado ò mundo do cabalo, è o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas en Larín, preto de Arteixo.

Aínda que non se lle coñece ninguna entrevista, sì ten participado nalgunha biografía e un dos seus biógrafos descríbe o seu carácter coma egoísta…difícil de comprender cando no 2012, a través da fundación que leva o seu nome, fixo una doazón a Cáritas de 20 millóns de Euros, que supuña un 0,5% do seu patrimonio naquel entonces…

Tal é este individuo, que xa non lle chega con pornos a moda. Agora tamén nos quere vender pisos, e coches posto que dirversificou a sua iniciativa empresarial cara outros sectores coma por exemplo o inmobiliario e o de concesionarios de automóbiles.


Na actualidade, desde 2011, xa non preside Inditex, foi sucedido por Pablo Isla, pero sabendo todo o que sabemos despois de ler esto, seguro que non adica o seu tempo a durmir a sesta ou a mirar como chove. Xa dín por ahí: A cabeza non para!

domingo, 29 de noviembre de 2015

OFICIOS GALEGOS: O ARRIEIRO.

fonte: www.amigus.info
O termo “Arrieiro” vén do grego “arre”, termo tamén acuñado polo diccionario da Real Academia Galega, como a “voz que se emprega para facer andar ás cabalarías”.  Falamos, por tanto, da persoa que tiña por oficio o de transportar mercadorías con bestas de carga, xa foran éstas un cabalo, unha recua de mulas ou outros animais de carga. Nalgunhas zonas de Galiza tamén existían outro tipo de arrieiros denominados “carrexóns”, que empregaban carromatos tirados de cabalerías para transportar as mercadorías, mais neste caso a súa actividade dependía da existencia de camiños carreteiros polos que puidesen circular estas carretas, o cal non era sempre posible. O arrieiro podía traballar por encargo dun cliente, pero o máis común é que transportasen mercadorías pola súa conta que ían vendendo, facendo de vendedores ambulantes. Frecuentemente cada arrieiro tiña a súa zona que era respectada polos demais e na que exercía o seu traballo.

A vida do arrieiro era dura. As súas rutas eran ás veces moi longas e levábanlles a percorrer varios quilómetros. O percorrido diario era normalmente de preto de 15 km, o que dependía moito das dificultades do terreo e das condicións meteorolóxicas. Era ademais un traballo estacional que ocupaba o tempo entre a primavera e o inverno, xusto cando os camiños eran máis transitables e non estaban enlamados pola choiva. O resto do ano descansaban ou ocupábanse noutras labores. Nas súas viaxes a miúdo o carromato, se o tiñan, servíalles non só de transporte senón tamén de pousada onde gorecerse pola noite e durmir, aínda que en moitas ocasións facían noite nas diferentes fondas que había ao longo do camiño.
Polo feito de percorrer e unir zonas moi diversas os arrieiros convertéronse tamén, nunha época na que non existían os medios de comunicación como o teléfono, nun dos medios de comunicación tradicionais que comunicaban as aldeas unhas coas outras. Así os arrieiros facían de mensaxeiros, levando novas, e recados dun lugar a outro entre parentes e coñecidos. Era de tal xeito que os arrieiros tiñan sona de ser xente de moita palabra, chegando a ser tal a confianza da xente que ata se mandaban cartos por eles. En ocasións mesmo levaban xente a modo de pasaxe, pero o máis normal era que viaxasen sós. A pesares disto rara vez eran asaltados polos bandoleiros, polo que se chegou a supor que tiveran algún pacto con eles, quen sabe se derivado desa función de mensaxeiros ou intermediarios, que lles outorgaba certa inmunidade.
Os produtos que eran transportados polos arrieiros eran moi variados e dependían das zonas polas que se movían, tendo moita importancia o comercio dalgúns como o viño, e non era raro que os arrieiros se ocupasen de levar o viño por encargo dalgún adegueiro ou taberneiro. Ademais do viño outros produtos transportados eran o polbo e peixes variados: bacallau, congro ou sardiñas, secos, en sazón, escabeche ou afumados. Tamén comerciaban con outros produtos do mar como o marisco (ameixas, mexillóns, berberechos) mercados nas localidades do litoral a onde levaban en troques produtos obtidos nas rexións do interior como carne de porco, fabas, chourizos, xamón, queixos, manteiga de vaca, castañas, unindo deste xeito as zonas máis interiores coas da costa. Tamén adoitaban transportar produtos artesanais como teas, cacharros de cerámica, olas, e toda clase de obxectos. Ao chegar ás aldeas da súa ruta o arrieiro facía soar o seu corno que anunciaba a súa presenza aos habitantes do lugar.
A memoria dos arrieiros na historia é longa, no Codex Calixtinus sinalase a súa presenza e como os pelexos e bocois de viño entraban pola Porta de Mazarelas en Santiago de Compostela. Tamén na bisbarra pontesa nun documento datado no ano 1283 cítase a un tal Johan Bóo “mercador nas Pontes”, posuíndo a vila un mercado local moi importante, non sabéndose se este “mercador” residía nela, ou ben se exercía a súa actividade de xeito itinerante ao xeito do arrieiro. Cítanse tamén nun documento do 1571 a varios “mercaderes de bueyes y cabalgaduras que van a las ferias de Castilla …” (Candelas pp. 59-60). Ademais no fondo documental do Arquivo Diocesano de Mondoñedo noméanse a dous arrieiros ponteses, un no 1819 chamado Domingo Ferreiro e outro no 1880, veciño do Freixo de nome Fructuoso Martínez. (J. Martínez, @migus, 17 de Xullo 2006).
Peregrinos constantes, posuían a súa recua, composta de catro, seis, dez ou máis cabalerías, xeralmente machos ou mulas. A última delas levaba o “chocallo”, que era o que anunciaba a súa chegada. Percorrían os camiños entoando os seus típicos cantos e deixando ao seu paso contos e lendas como a seguinte:
O camiño da Santa Compaña
fonte: www.amigus.info
Un día á tardiña un home volvía da feira das Pontes polo Camiño dos Arrieiros e fíxoselle de noite no Freixo. Viu entón na escuridade unhas luces que ían cara el. O home arrepiado, deuse conta de que aquelas luces eran a Santa Compaña, que logo chegaron canda el e collérono obrigándoo a ir con elas. Por máis que quería resistir o home non podía evitar acompañar aos defuntos que xa se achegaban ao río Sor. Daquela o paisano lembrouse de que no peto levaba unha moeda. Era unha moeda de cobre que levaba nunha das súas caras unha cruz. Sacándoa ensinouna ás ánimas que o ceibaron e fuxiron desaparecendo no escuro da noite.

Co tempo o modo de vida do arrieiro intimamente vinculado á sociedade tradicional foi pouco a pouco mudando a medida que o facían as formas de vida e con elas a sociedade. Do transporte de mercadorías en carromatos tirados por un animal ou mesmo penduradas do lombo do animal, pasouse ao transporte mecanizado, xa fora por ferrocarril ou máis tarde por estrada, ao tempo que os novos camiños se abrían substituíndo aos vellos. Aos poucos, o vello oficio de arrieiro, mantido durante séculos foi esmorecendo, sendo substituído por outros profesionais do sector, ate finalmente desaparecer, deixando, iso sí, moitas pegadas, entre elas, este canto tradicional:



sábado, 28 de noviembre de 2015

E VEÑA FESTA RACHADA!

XIII Exaltación da Centola 2015 - O GROVE - Pontevedra 

Dende o 20 de novembro ata o 8 de decembro a comarca do Salnés, esta celebrando a festa da Centola.
 A centola é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros e familia dos máxidos.
É un cangrexo migratorio de gran tamaño que habita nas costas do Atlántico oriental e no mar Mediterráneo.
O seu cacho está cuberto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir até 20 cm de diámetro.
Trátase dun dos mariscos máis apreciados gastronomicamente.
Álvaro Cunqueiro xa o exaltaba nos seus libros de cociña que nos deixou, como o máis rico froito que nos deu o mar.
foto sacada da Berenguela
III Festa da Pisa da Castaña 2015 - Purdeus - Parada de Sil - Lugo 

Sábado 28 novembro, 11.00h: festa que trata de revivir a conversión das castañas frescas en pilongas ao modo tradicional coa presencia do barquilleiro. Tamén na praza do concello de Parada de Sil degustación de viño novo, bica, empanada, mermelada artesanal, mel de A Teixeira e de Parada, queixo de cabra de Castro Caldelas. Os restaurantes servirán menús con castañas.

IV Festival de orquestas Closing Tour 2015 - Silleda - Pontevedra 

E xa para a semana que ven, vamos ir anunciando o gran festival de orquestas, porque, que sería das grandes verbenas galegas sen unha boa orquesta????
Eu non son quen de imaxinar unha festa galega onde non haxa unha boa mesa e logo unha boa verbena onde poder bailar e falar e convivir co pobo.
Este ano o festival contará con EL COMBO DOMINICANO, PARÍS DE NOIA e LA RICURA + discoteca móvil EME con DJ DAVID EXPÓSITO e DJ MARCOS MAGÁN.
Celebrarase no recinto feiral de Silleda e as entradas custan entre 6 e 8 euros e o nenos entran gratis.
Así que se o 7 de decembro non tes plans, vémonos en Silleda!!!

foto sacada da páxina oficial "El Combo Dominicano"


IMOS CO NOSO REFRANEIRO!!!

    "Entre Tódolos Santos e Navidade, é inverno de verdade"

Estamos chegando ao final do mes de novembro e as cidades xa se engalan para recibir o Nadal, xa son moitas as que acenderon onte, venres 27, o alumeado decorativo, e Ourense foi unha delas. 
O rebumbio da xente polas rúas deixábase ver nun día que moitos aproveitaban para facer as primeiras compras dos regalos do Nadal, aproveitando que onte se celebraba tamén un día moi americano como é o "Black Friday" que cada vez se está introducindo mais na nosa cultura.
Pero se algo trae esta época, é o inverno, esa época onde apetece tomar un caldiño quente, ou un chocolate con churros e taparse coa manta vendo a tele, deixando pasar as primeiras neves.
La Navidad ilumina la ciudad
fotos sacadas de La Region
Polo tanto sexas de saír e desfrutar do ruido da xente na rúa, ou de quedar na casa ben abrigado e con boa compañía o que non podemos evitar e que se nos acerque de novo as baixas temperaturas, e con elas as primeiras neves nas montañas e nos faga albiscar o que será a próxima estación que está por chegar antecedendo ao Nadal.
La Navidad ilumina la ciudad

La Navidad ilumina la ciudad

jueves, 26 de noviembre de 2015

IMOS A COMBARRO


COMBARRO

A localidade de Combarro forma parte constituínte do termo municipal de Poio como unha do seu catro entidades parroquiais que organizan o terrtorio: Combarro, Sal Salvador de Poio, San Xoán de Poio e Samieira. Esta parroquia e o municipio de Poio áchanse localizados na vertente occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, no litoral da provincia de Pontevedra. Do total demográfico do termo municipal, uns 15.800 habitantes, ao redor de 1.650 habitantes pertencen á parroquia de Combarro, algo máis dun 10 %. Para chegar ao municipio de Poio baste tomar a estrada N-550 ó a autovía A-9 até a cidade de Pontevedra, onde tomamos a C-550 en dirección a Sanxenxo.


Combarro conta cun gran atractivo urbano, ademais do patrimonio e contorna do conxunto de Poio:

Percorrido polo casco antigo de Combarro, declarado conxunto histórico xa en 1972.
Visita ás Casas Mariñeiras, arquitectura popular dos séculos XVII e XVIII.
A liña de Hórreos de estilo tradicional, construcións do século XVIII.
Visita á praia de Ouriceira ou de Raxó.
Mosteiro de San Juan de Poio, obra do tempranísimo século VII, aínda que reconstruído.

É un pobo mariñeiro, próximo tanto á capital de provincia, Pontevedra (7 km), como a outros pobos recoñecidos como Sanxenxo.O máis destacable é a súa zona vella, onde se acha unha gran cantidade de hórreos e cruceiros, ademais da igrexa parroquial.
Declarado ben de interese cultural como Conxunto Histórico e como Sitio Histórico.O segundo horreo máis grande Galicia é propiedade dunha familia de alta costura.

O conxunto de celebracións que aquí se detallan ten lugar en todo o termo de Poio:

Festa da Ameixa, que se celebra do 26 ao 27 de xullo.
Festa do Mar, que se celebra do 18 ao 24 de agosto.
Festa da Virxe de Renda, que ten lugar o 8 de setembro.

Foto de Miguel Lima Medín


CALDEIRADA DE RAPE


CALDEIRADA DE RAPE


INGREDIENTES

4 colitas de rape
4 dentes de allo
1 folla de loureiro
Sal gorda
1 pemento
1 cebola
Guisantes
Patacas
Un chorriño de vinagre

Para a salsa:
1 vaso de aceite de oliva
4 dentes de allo
1 cullerada de pementón


PREPARACIÓN

Partimos as colitas de rape á metade. Nun escurridor pomos o rape, cos allos laminados, a folla de loureiro a anacos e un bo puñado de sal gordo (logo quitámoslla), que fai que endureza a carne e quede máis saborosa, deixámolo así 1 hora.

Pomos unha cacerola ao lume con auga, a cebola, o pemento en tiras, e as patacas laminadas de máis ou menos 1 cm. de grosor e os guisantes. Pomos o escurridor co rape debaixo da billa e quitámoslle todo o sal, conservando os allos e o loureiro.

Cando a auga coas patacas do primeiro hervor, botámoslle o peixe, os allos e o loureiro. Deixamos ata que as patacas estean tenras e rectificamos de sal.

Baleiramos a auga da cacerola, pomos todo na fonte de servir e botamos por encima un chorrito de vinagre primeiro e logo parte da ajada, a outra a pasamos a unha salsera para que cada un sírvase no prato.

Para a Salsa
Nunha tixola pomos o aceite cos allos que poden estar laminados ou enteiros con pel, deixamos que se douren e retiramos do lume. Esperamos a que o aceite se arrefríe un pouco para non queimar o pementón e botámosllo.






martes, 24 de noviembre de 2015

PERSOEIROS



MANUEL CURROS ENRÌQUEZ


 BIOGRAFÍA:
    Manuel Curros Enríquez integra, con Rosalía e Pondal, a grande tríada dos clásicos do XIX. Naceu en Celanova, en 1851, de onde fuxiu á idade de quince anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. O seu ideal de goberno era unha democracia burguesa, laica e progresista, e de aí o seu anticlericalismo, posto que a Igrexa era un dos piares máis fortes de oposición a este sistema. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó" para as presentar a un concurso por petición da nai. O concurso fallouse en 1877, ano en que Curros se instalaba en Ourense como funcionario na Delegación de Facenda.
     Nesta etapa ourensá, o noso poeta poderá aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximará Curros aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra, que saía do prelo en 1880 e alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense, que solicitaba que fose confiscado e que o incluía no índice de libros prohibidos. Curros foi xulgado e absolto. A obra sería reeditada en 1881 e en 1886 con novas contribucións poéticas.
     Cesado no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete, que saiu do prelo en 1888. A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. A pesar diso, Curros era un poeta recoñecido e foi coroado en Madrid, en 1893.
     Quizáis por motivos políticos, quizáis por motivos económicos e profesionais, en 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias, e despois no Diario de la Marina. A súa estancia cubana coincidiu co momento máis activo do movemento independentista, o que o levou a reflectir sobre o imperialismo; de feito, en Cuba espallou os ideais de rexeneración para Galiza e todas as iniciativas culturais: era xa máis rexionalista que republicano.
     A clareza e enerxía con que defendía o seu ideario, a súa rebeldía, creáranlle problemas ao longo de toda a súa vida, e a situación volveu repetirse na emigración cubana: fora acollido con entusiasmo e acabou enfrontado con case todo. En 1904 volvía á Coruña, quizá coa intención de ficar. Foi recibido de novo con mostras de entusiasmo, coroado por segunda vez, mais non se lle deron facilidades, nin en Madrid, nin en Galiza, para establecerse. No poema "N'a tumba de Rosalía", Curros deixaba o seu testamento ideolóxico. Regresou a Cuba, onde morreu en 1908.
Como dato curioso, decir que està enterrado na cidade da Coruña e que ò seu funeral asistiron apenas 40.000 persoas. Xa era coñecido e ben querido este tipo, non?
OBRA:
Cartas del Norte (1875-1876)

O MAlO

Aquí ven o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Aquí vos deixo tamén a primeira parte da Lenda Da Virxe do Cristal. Ten nove partes mais que espero leades pola vosa conta porque ben vale a pena. Persoalmente síntome moi unida tanto a este autor coma a súa obra. Vaivos gustar……





A VIRXE DO CRISTAL
  
File:A Virxe do Cristal Vilanova dos infantes Celanova Galicia (Spain)-4.jpg


Preto da cibdá de Ourense,
camiño de Celanova,
onde é máis tépedo o vento
que a terra gallega azouta,
dun círcolo de montanas
na faldra, sempre verdosa,
esténdese un val frorido,
cuberto de herbas cheirosas,
piñeirales e arboredos
ricos de frutas e sombra.
Alí, pola primaveira,
dispois de saír da escola,
van os rapaces buscar
freixós pra comer i apóutigas;
i as nenas, máis delicadas,
e non como eles golosas,
topan alí os caraveles
con que os cabelos adoman,
e fan, con espriego e néveda,
ramiños que logo esfollan.
Deste val no medio e medio,
entre edras e musgo envoltas,
ergue as torres un castelo,
feito alá n'eras remotas
de pedra de sillería,
cáxeque co tempo roxa.
Como este antigo edificio
outro non hai, según contas,
pois diz que foi levantado
por unha princesa moura
dendes da posta do sol
hastra a saída da aurora;
e inda hai vellos que aseguran,
e podia que certo fora,
que debaixo dos cementos
que os altos muros soportan,
deixou a monta princesa
pra que quen se astreva, morra,
sobre unha trabe en quilibrio
dúas cántaras que asombran:
unha de alquitrán inchida
i outra de moedas e xoias.
De sorte que quen quixere
coller a que ouro atesoura,
creba unha cántara e morre,
feito carbón, baixo a outra,
quedándose ó mesmo tempo
sin o santo i a limosna.
A carón deste castelo,
agarimadiñas todas,
ou pola veiga cribadas,
como bandada de pombas,
as retelladas troneiras
abertas ó sol que as doura,
alcóntranse as brancas casas
da vila de Vilanova.
Vilanova dos Infantes
é vila de grande sona:
n'hai zapateiros no mundo
que batan millo-la sola;
non se cocen en ningures
petadas que aquí non cozan,
e de aquí sán prós teares
as millores mazarocas.
Aquí está a gracia dos homes
i a fror i a nata das mozas;
en fin, sólo aquí naceron,
sólo aquí, Martiño e Rosa.



Fontes: texto: Biblioteca virtual galega, Wikipedia, galicia.swred.com
            Imaxe  Curros Enríquez: absolutourense.com
            Texto e imaxes Lenda da Virxe do Cristal: Galicia.swred.com/galiciaespallada. commons.wikimwdia.org