lunes, 21 de diciembre de 2015

OFICIOS GALEGOS: OS LABREGOS

Imaxe extraída de
"comunepersoal.wordpress.com"
Entendemos por labrego aquela persoa que ten por oficio traballar a terra. A agricultura tradicional galega baseábase en minifundios, pequenos anacos de terra que se traballaban de cara á venda e ao autoconsumo, tendo o cultivo do liño e do cáñamo como referentes de cara a extraer materia prima que posteriormente se empregaría na industria téxtil.
A nosa orografía, chea de montañas, non permitía cultivos moi extensos. Por outra banda, a altitude, humidade e temperatura, con xeadas frecuentes, propiciou a horticultura fronte a outros cultivos máis delicados ou aptos para zonas máis secas. Falamos pois de alimentos como as berzas, nabizas, repolos, fabas, guisantes, pementos,..., que de seguro atoparedes como ingredientes en moitas das receitas típicas galegas que aquí publicamos, como o caldo ou o cocido.
Cultivos que hoxe son moi populares, como a pataca en Xinzo de Limia ou Coristanco, chegaron a España en 1560, pero non foi ate o séculos XVI e XVII que se reparou nelas como fonte de alimento, cousa que en Galiza tivo lugar entre 1730 e 1735,  época en que as castañas, que ata aquel entón eran a base da alimentación en Galicia, sufriron unha epidemia, que fixo que se reducise considerablemente a produción e que, os mosteiros feudais en Galiza, principais terratenientes de entón, decidiron obrigar aos seus colonos a plantar e consumir a pataca.
O contacto que Galiza tiña co resto de España era a través do Cebreiro ou de Ourense, o que supón un illamento físico que fixo que fose  moi frecuente que as familias dependesen do traballo do campo, que era o medio fundamental de subsistencia da maioría da poboación, xa que, daquelas, todo procedía da Nai Terra, estando a poboación exposta ós designios da caprichosa natureza.
A guerra civil provocou a necesidade de que, ante a falta de alimentos, moitos labregos tivesen que emigrar. Coa emigración e a educación universal, moitos deixaron o oficio de seus pais para ir vivir as cidades, o que deu lugar a triste despoboación do rural que hoxe tristemente vivimos.
Imaxe extraída de
"akalimera.org"
O oficio de labrego era un oficio duro, sometido as inclemencias do tempo e a unha escasa industrialización. Os carros e arados, tirados por burros ou bois, eran as principais axudas de que dispuñan e os fouciños, fouces, sachos, machados ou aixadas, entre outros, as súas ferramentas máis comúns de traballo. Destacar, como non, a figura da muller labrega, que, mentres o seu home se ocupaba de gañar o pan con outros oficios, algúns xa mencionados, eran as que se encargaban de atender ós fillos, á casa, ó gando e de realizar as principais labores do campo.
Déixovos, para a reflexión, a cantiga “Labregos” de Fuxan os Ventos, agardando que, neste Nadal, non esquezades o esforzo que supón conseguir os froitos que enchen as vosas mesas e frigoríficos, para que poñades en valor este oficio, aínda presente hoxe en Galiza, a través da agricultura ecolóxica.


martes, 15 de diciembre de 2015

LUIS TOSAR


LUÍS (LÓPEZ) TOSAR

Nesta ocasión vouvos a falar deste enorme actor galego ben coñecido por todos. Ben seguro que tedes alguna das súas películas como preferidas e non è de estrañar, pois este lucense está considerado un dos intérpretes mais sólidos e solventes do panorama cinematográfico español. Aínda que en Galiza xa tiñamos refenrencias deste actor polo éxito da serie Mareas Vivas, nas que Luís Tosar interpretaba o papel do Xuìz, os papeis polos que foi mais aclamado teñen tintes dramáticos por exemplo os tres filmes polos que mereceu o premio Goya: Los Lunes al Sol (2002), Te Doy mis Ojos (2003) e Celda 211(2009)

Cómo e por que se fixo actor Luìs Tosar? Pois onde menos podedes imaxinar aínda que non é de estrañar….Na escola bueno, mellor dito no instituto. Como rapaz participativo e traballador leía todos os libros de lectura obligatoria que lle suxerìa a sua profesora de literatura. Isto fixo que por un lado se aficionara cada vez mais à lectura e por outro lle xordira interés por se apuntar ó grupo de teatro do centro que dirixía esa “profe” de literatura tan insistente e apaixoada.

Aínda que seguiu de maneira satisfatoria os seus estudos e chegou á universidade, onde cursou Historia, foi durante este período cando se decantou por seguir o camino das artes escénicas. Empezando por formar parte de grupos de teatro independente que se estaban a crear e que acabarían por formar parte da primeira xeración de actores e actrices da TVG.

O seu primeiro papel foi o do lembrado Xuíz de Portozás e de seguido comenzou a fecer papeis en curtos e outros secundarios en distintas longametraxes coma Santa, compañeiro de Javier Bardem en Los Lunes al Sol de Fernando León. Este foi o seu primeiro Goya e o verdadeiro lanzamento dunha incríble carreira…o resto xa è ben coñecido por todos vós: Trece Badaladas, O lápiz do Carpinteiro, Te Doy Mis Ojos, Celda 211, Lope, Mientras Duermes…

O seu talento tamén o levou incluso a Hollywood onde participou na versión cinematográfica de Corrupción en Miami, a Inglaterra onde fixo Mr Nice e a Bolivia onde traballou con Gael García Bernal en También la lluvia.

Non soamente vos falo de Tosar pola súa carreira profesional, non podemos esquecer o seu compromiso con Galiza e coa nosa língua. Cabe mencionar o seu papel como impulsor da plataforma Nunca Mais despois do tráxico suceso do Prestige, e a sua defensa do galego.

Non sei se vos mereceu a pena ler esto pero lembrades de onde lle veu a idea a Tosar de ser actor? ... pois de ler e dos libros, ah! E tamèn dunha profesora pesada… reflexionade sobre iso…



                   

                 (imaxe: www.lashorasperdidas.com)

domingo, 13 de diciembre de 2015

Oficios galegos: Construción de instrumentos tradicionais

fonte: laopinioncoruna.es
Os instrumentos musicais tradicionais lévanse empregando en Galiza desde os séculos XI e XII, pero non foi ate o século XIX, coa aparición e popularización dos gaiteiros, as bandas de gaitas, as escolas de música tradicional e as distintas asociacións folclóricas, cando comeza a tomar pulo a construción de instrumentos musicais, tendo en conta a estreita relación que tiña que haber entre o mestre artesán e o instrumentista, dado a que o creador debía saber tocar o instrumento a crear, de cara a poder cumprir os requisitos necesarios para que funcionase da forma axeitada.


Así, xurdiron artesáns que construían gaitas, bombos, pandeiretas, tambores, zanfonas, acordeóns, tarrañolas, culleres, latas, tixolas…, que, ao longo dos anos, se foron adaptando ao contexto social que a evolución da sociedade galega estaba a vivir. Por exemplo, nos anos  40 e 50 houbo escaseza en pel de cabra en Galiza, o que fixo que houbese que buscar materiais alternativos; a deforestación, fixo que o buxo e a nogueira escaseasen, polo que se pasaron a empregar tamén madeiras alternativas na construción dos instrumentos coma o carballo, o pino, o abeto alemán, pau santo, ciprés ou pradairo.
A meirande parte dos instrumentos autóctonos galegos xorden a consecuencia de empregar o que a sociedade tiña ao seu derredor para emitir un son e así poder producir un ritmo que despois se faría soar en romarías, traballos de labranza e fiadeiros. Ese é o caso da lata, as culleres, as tixolas ou a pandeireta, que comezaron sendo ferramentas que as mulleres tiñan a man nas labores do día a día, para hoxe en día converterse en iconas da nosa música tradicional galega.
fonte: oreberete.com
Nas labores diarias producíanse pequenos seráns improvisados e, o que tiña algo de ritmo, aproveitaba para tocar o que tiña a man. Os instrumentos como a gaita, o tambor, o acordeón, a zanfona ou a pandeireta, eran típicos das romarías, pero non eran moi numerosos, dada a escaseza e a humildade das festas daquel entón, polo que o oficio de construír instrumentos tradicionais non era un oficio moi extendido. Hoxe en día aínda podemos atopar este tipo de artesáns, como por exemplo na familia Seivane (www.seivane.es ), en Cambre, A Coruña ou “O Reberete” (www.oreberete.com ) en Ourense.

Coas bandas de gaitas, os grupos de pandereteir@s e a internacionalización do folclore, os artesáns que aínda hoxe elaboran estes instrumentos, non só tiveron a oportunidade de formarse e actualizar este oficio tradicional, senón tamén de traspasar fronteiras, podendo facer chegar máis lonxe os seus produtos.


Que me dis, coñeces a algún artesán que queiras dar a coñecer?

sábado, 12 de diciembre de 2015

LOS SUAVES

Hoxe quería rendir unha pequena homenaxe a esa banda de rock ourensana, que aló por onde vai, leva o nome da cidade e de Galicia.
Agora que está chegando ao seu fin a súa longa historia recorren kilómetros e kilómetros para encher salas, onde os siareiros corean as súas cancións e danlle unha cálida acollida aos membros do grupo.
Son moitas as cancións que compuxeron, unhas tristes, outras alegres, unhas dedicadas a vida, a morte, as mulleres maltratadas, a Ourense.... porque por algo son unha banda lexendaria do rock.
Este ano a xira "La Música termina" pon punto e fin a unha traxectoria que está deixando o pavillón alto para todos os amantes do bo rock, pero os siareiros ourensáns esperan aínda un pouquiño máis, e probablemente a gran despedida sexa na cidade dos afiadores, a quen eles lle cantaron, así pois agardando que así sexa, déixovos cunha canción deles que fai alusión a outra entrada deste blogue.

"Sempre Suaves"

https://youtu.be/zqAUI7SVbio

FESTA DO FIN DE SEMANA!!!

Hoxe, en Ourense, na sala Berlín, tocan os grandísimos Herdeiros da Crus, que conseguiron vender as entradas nun tempo record.
Herdeiros-da-crus

Para os que prefiran algo máis tranquilo, en Ourense mañá, con dúas sesións Matrioshka Teatro que nos presenta : Manawee.

E xa pola semana o próximo venres 18,  Antón Coucheiro presente a obra "Psicópata",no Auditorio Municipal da cidade das Burgas.
Anton-Coucheiro


Na Coruña mañá "El pequeño Pinocho" no Teatro Colón, para todos os nen@s e maiores que queiran recordar unha entrañable historia de Geppeto que construiu un boneco de madeira o que lle chamou Pinocho.

Lugo acolle esta fin de semana, "El Circo de Nadal" co que se conmemora o seu 20º Aniversario.
E Carrero Bianco dará un concento tamén na capital da Muralla.

Santiago conta cunha fin de semana chea de concertos, hoxe toca Pink Tones e Zodiac e onte contaron coa actuación da lexendaria banda de Rock Ourensana, "Los Suaves" coa súa xira "La música termina"



jueves, 10 de diciembre de 2015

De viaxe por Lugo


A MURALLA LUCENSE

A muralla romana que rodea a cidade de Lugo é a única do mundo que se conserva enteira. Por iso e pola súa misteriosa beleza é Patrimonio da Humanidade.

A lenda di que os romanos construíron a muralla para protexer non unha cidade senón un bosque, o "Bosque Sacro de Augusto", en latín "Lucus Augusti", de aí o nome de Lugo. Hoxe o bosque é un misterio, pero a muralla segue en pé desafiando ao tempo e falando a quen saiba escoitala.

Construída hai máis de 17 séculos seguindo as directrices das elegantes obras de Vitruvio, a Muralla de Lugo mide máis de 2 km e ten 10 portas. Construída como separación e defensa transformouse nun elemento integrador entre a antiga Lucus e a que se desenvolveu á súa ao redor. O seu dez portas realizan a función de unir unha parte da cidade coa outra e o seu paseo de rolda, adarve, tornouse nunha rúa máis que é percorrida polos viandantes autóctonos e visitantes. polo alto da muralla que nalgúns tramos alcanza os 7 m de ancho, e deterse nalgunhas das súas 85 torres é sentir de preto o poder da Roma Imperial. E tamén, gozar das mellores vistas.




Receita para o frío


RECEITA DE CALDO GALEGO



INGREDIENTES

-Para seis persoas:
250 gr. de fabas brancas
300 gr. de saia de tenreira
300 gr. de costela de porco
150 gr. de touciño salgado
1 chourizo galego
1 anaco de óso de xamón
2 patacas
1 feixe de grelos 
1 culleriña de unto 
auga
sal
perexil picado


ELABORACIÓN

Pomos na pota rápida 2 litros de auga, a costela, a carne de tenreira, o chourizo, o touciño, o óso, as fabas (previamente remolladas de véspera), o unto e un chisco de sal. Pecha a pota e deixa cocer 30 minutos desde o momento en que empezou a saír o vapor.
Destapa e cun cazo retira unha parte da graxa.
Limpa os grelos, pela as patacas e trocéalas e incorpora todo á cazuela. Pecha novamente a tapa e deixa cocer 3 minutos desde o momento en que empezo a saír o vapor.

Proba e rectifica de sal. Serve nunha sopera ou en cuncos individuais.