jueves, 10 de diciembre de 2015

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

O Estatuto de Autonomía de Galicia é a norma institucional básica da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de nacionalidade histórica, por eso os poderes da mesma van estar baseados neste Estatuto, na Constitución e no pobo galego. Aparte do actual que foi aprobado en 1981, antes houbo un anteproxecto e durante a Segunda República Española aprobouse un Proxecto de Estatuto de Autonomía, que non chegou a entrar en vigor debido ao estallido da Guerra Civil.
O estatuto actual ten a seguinte estrutura
  • Título preliminar
  • 5 títulos con 57 artículos
  • 4 disposicións adicionais
  • 7 disposicións transitorias
O contido fundamental do Estatuo recolle:
  • Define o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (art.2) e as bases da división e organización administrativa do territorio de comarcas e parroquias rurais (art. 40).
  • Definición política da condición de galego (art. 3). Recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro.
  • Os símbolos propios de Galicia: bandeira, escudo e himno (art. 6).
  • Recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a cooficialidade co castelán (art. 5).
  • Estrutura orgánica do goberno autonómico. 
  • Institución dunha figura análoga ao Defensor do Pobo.
  • Facenda e patrimonio propios (título IV).
  • Competencias propias de acordo a Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.

O 6 de abril de 1981, o estatuto foi firmado polo rei Juan Carlos I, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo-Sotelo, no Palacio Real de Madrid.

OS SÍMBOLO MÁIS DESTACADOS DE GALICIA SON:

A bandeira de Galicia é branca e está cruzada por unha banda azul e na institucional ten que levar obrigatoriamente o escudo.
En canto ao himno ten as catro primeiras estrofas das dez do poema de Eduardo Pondal, “Os Pinos” e a música composta por Pascual Veiga.



A parte disto Galicia conta con numerosas mostras de identidade, ten diferentes instrumentos propios como as cunchas, as tarrañolas, o bombo e a gaita galega, temos comidas que nos identifican como a empanada galega, polvo a feira, lacón con grelos ou o caldo. O mar ofrécenos o rico marisco e como contraposición están as fermosas paisaxes e rías galegas.

Todo elo fai de Galicia, e das súas xentes como unha Comunidade rica en costumes e en cultura, rica nas súas xentes amables e solidarias, fan da rexión máis afastada de Europa que sexa a meta do Camiño de Santiago que tantos e tantos peregrinos recorren ao longo do ano para chegar a Santiago e atravesalo pórtico da Gloria, e os máis atrevidos acabar a súa longa viaxe en Fisterra, ese cabo máis afastado que nos abre a porta para cruzar a América, lugar onde milleiros de galegos foron emigrantes.
A morriña dos galegos fan que sexamos xente de corazón e que vivamos a nosa cultura e as nosas costumes aquí e aló donde imos.
Porque ser galego é un sentimento, máis que unha condición que nos afaste dos demáis.

martes, 8 de diciembre de 2015

PERSOEIRO: María Castro

Xa vai sendo hora de quer lle adiquemos un anaquiño a una muller.

 Todos coñecemos a cara desta fermosa rapaza de pelo roxo e ollos augados pero vouvos a contar algunas cousas que ben seguro non sabedes e que me fan admirala aínda máis. Non se trata únicamente dunha cara fermosa…ides ver


Festival de Málaga: María Castro, en la alfombra roja
(imaxe: www.que.es) María Castro no festival de Màlaga.

María Castro, Vigo 1981, non é soamente una fermosa actriz de éxito, que xa é de abondo. Ademais de iso, é una apaixoada do deporte. Recoñecida ximnasta que chegou ó subcampeonato de España en pelota e cuxa paisón lle fixo estudar a Licenciatura de Actividades Físicas e Deporte e a Diplomatura en Educación Física. Fixo varios cursos de interpretación e doblaxe e estudou danza contemporánea, ballet, danza moderna, hip-hop e cabaret. Ademáis na actualidade atópase cursando a Licenciatura de Periodismo. Menudo currículo… Uns tanto e outros tan pouco…

Empezou como azafata en Televigo, pasou á serie da TVG Pratos Combinados chegando incluso a presentar alguna gala de verán nesta canle, despois a serie SMS (con Amaia Salamanca e Mario Casas), seguiulle Sin Tetas No Hay Paraíso, Tierra de Lobos, Vive Cantando…na gran pantalla ten feito filmes coma: La Vida Mancha, El Blanco Roto, Días Azules, Los Muertos Van Deprisa, e Combustión.

Na actualidade forma parte do elenco de Seis Hermanas na TVE.


Xa vedes que esta moza è moi activa e que ben pode con todo, porque como din por aí, querer è poder así que, ánimo rapaces!

domingo, 6 de diciembre de 2015

OFICIOS GALEGOS: O ZOQUEIRO

Foto de Roberto Salgado. Zoqueiro.
 Romaría Etnográfica.
En verbas do finado escritor ourensá ao que en 2004 se dedicou o día das Letras Galegas, Xaquín Lorenzo, máis coñecido como “Xocas”, o oficio de zoqueiro é un “oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case tódolos campesiños foron zoqueiros e dedicaban os fins do verán a facelos “paus” precisos para o seu calzado e o da súa familia”.
De aquí sacamos varias conclusións:
- Era un oficio levado a cabo por campesiños.
- Era un oficio de tempada, que se compaxinaba con outras tarefas do fogar, agrícolas e gandeiras.
O traballo do zoqueiro consistía en facer “paus de chancas”, que despois vendía ós zapateiros para que os cubrisen con coiro, dando lugar ós “zocos” ou “chancas”, ou ben facían “zocas” nunha soa peza de madeira, que comercializaban directamente, indo de aldea en aldea. As chancas eran máis empregadas en zonas do sur de A Coruña, Pontevedra e Ourense, por presentar un clima máis seco; mentres que as zocas eran máis típicas das zonas do norte.
As zocas e as chancas foron o calzado que os aldeáns galegos empregaron ate mediados do século XIX para resgardar os pés. Adoitábanse a facer en madeira de amieiro ou bidueira, por seren madeiras brandas, moi doadas de traballar, quentes para os pés e moi illantes contra a humidade.
O que din as novas de hoxe sobre os zoqueiros de onte:
Os zoqueiros loitan por sobrevivir (Diario La Voz de Galicia, 2014): http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/21/00031232552686308795389.htm?idioma=galego

Tamén vos deixo unha mostra dese revivir dos zoqueiros, en mans de Elena Ferro, que está a cambiar o uso tradicional desta peza, para adecuala á moda contemporánea. Na súa web non só podes mercar unhas chancas, senón que tamén podes configurar as túas de forma que sexan únicas e diferentes ás demais: www.elenaferro.com

Que dicides, sumádesvos á moda dos zocos?

O REFRANEIRO DE DECEMBRO

Comezando o mes de decembro volvamos cuns novos refráns:

"A Concepción sempre trai a sua arribazón"

O día 8 de decembro celébrase a concepción e de aí o refrán desta semana.

"Pola Concepción ningunha galiña pon"

O frío e o inverno aproxímase e de aí que as galiñas non poñan moito por esta época. Será o comezo da época de poucas colleitas e onde os animais e o agro estará máis durmido

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Cada ano, o 6 de decembro é unha data importante para España, pois conmemórase a Constitución Española.
Naceu aló polo ano 1978, con ela buscábase que tódolos españois fóramos iguais ante a Xustiza, Igualdade e Liberdade.
Temos unha bandeira que nos identifica, un himno que nos representa e unha lingua que todos debemos coñecer.
En España temos unha monarquía e o Rei é o Xefe do Estado pero non é o que goberna, senón que o fai o Presidente do Goberno, que a día de hoxe é Mariano Rajoy.
A constitución é a lei fundamental da organización nun Estado, a ela deben someterse os actos do propio Estado e terán que subeditarse tódalas demais normas xurídicas positivas.
A constitución limita o poder absoluto dos gobernantes, lexitima o poder dos gobernantes e asigna aos cidadáns unha cota lexítima de participación no proceso do poder público.
A constitución de 1978 foi a sétima, pero como característica principal destaca a colaboración por parte de todos e todas.
Os pais da constitución foron Gabriel Cisneros, José Pedro Pérez Llorca, Miguel Herrero de Miñón, Miguel Roca, Manuel Fraga, Gregorio Peces Barba e Jordi Solé.
A constitución consta de 169 artigos, organizados en seccións: preámbulo, título preliminar, título I e así ata o títuloX, xunto coas disposicións transitorias, adicionais, derogatorias e final.


Grazas a esta Constitución Española os españois podemos vivir amparados pola lei e nun país que avanzou e que mirou hacia adiante deixando atrás unha guerra civil.
Defendamos a unidade de todos e todas e celebremos este día como o día que se coñeceron as liberdades e os dereitos que cada un podemos desfrutar.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

POR RIBADEO

O pobo formouse a partir dun núcleo primitivo nas dársenas de Porcillán e Cabanela, na beira da ría, para posteriormente ir crecendo cara arriba. Tivo unha muralla, de carácter máis fiscal que defensivo, da que aínda se conservan algúns restos. Xunto a Viveiro e Mondoñedo, foi un do tres fenómenos urbanos medievais da antiga provincia de Mondoñedo, recibindo xa de mans de Fernando III Carta Poboa fundacional que lle atribuía, entre outros privilexios, o de convocar un mercado semanal, o cal aínda se segue realizando. Pasou de vila de realengo a propiedade do cabaleiro francés Pierre de Villeines por virtude do dadivoso Enrique de Trastámara en pago dos seus servizos , e de aí por distintas sucesións o Condado de Ribadeo recalou definitivamente na Casa de Alba. Coincidiu o seu apoxeo como Vila co do seu porto, sendo cabeza do comercio do Cantábrico cos países bálticos, a través do porto de Riga en concreto, de onde se importaba augardente en exclusividade, e que por tal motivo terminou sendo coñecido como kúmel de Ribadeo, até a súa decadencia pola competencia doutros portos como o de Xixón a mediados do século XIX.
O escudo da vila , de orixe medieval, fórmano unhas ondas de mar sobre as cales se atopan unha chave de ouro en posición inclinada e unha estrela de prata. A chave simboliza a súa condición de entrada a Galicia, e a estrela a súa situación setentrional. Até finais do século XVII o escudo carecía de estrela e a chave atopábase en posición vertical. Así pode verse na capela da Virxe do Camiño, en pedra de 1699, tempo no que o xa era antigo.
Destaca no pobo a "Torre do Moreno". Trátase da casa dos irmáns Moreno, construída en 1905. De estilo ecléctico, a súa ornamentación lembra ao modernismo na súa fachada e ao neoclásico no seu parte posterior. Construído con estrutura mixta que combina o formigón e o aceiro creando unha construción singular. Tamén conta con varias capelas, unha igrexa parroquial advocada a Santa María do Campo, vestixio do antigo convento franciscano xa desaparecido, e algunhas casas blasonadas na parte vella.
Na metade occidental da súa costa cantábrica conta con varias praias, pequenas e acantiladas, entre as cales se atopa a praia das Catedrais, (chamada orixinalmente Augas Santas), lugar de gran afluencia turística e que debe o seu nome actual ás formas esculpidas pola erosión mariña no cantil.


A praia das Catedrais é o nome turístico da Praia de Augas Santas , situada no municipio galego de Ribadeo (parroquia da Devesa), na costa da provincia de Lugo, España, sobre o mar Cantábrico. Está a un dez quilómetros ao oeste da localidade de Ribadeo. É coñecida por este nome debido á aparencia dos seus cantiis. Está declarada Monumento natural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
O característico da praia son os arcos e as covas, só apreciables a pé de praia durante a bajamar. Durante a pleamar a praia é relativamente pequena, de fina area e segue sendo adecuada para o baño. É interesante ver a praia coa marea alta percorrendo a parte superior dos cantiis en dirección oeste-este cara a a praia de Esteiro e vela con marea baixa sobre a area da praia.
Durante a marea baixa pode accederse a un longo areal delimitado por unha parede rochosa de lousa e esquisto erosionada en formas caprichosas: arcos de máis de trinta metros de altura que lembran a arbotantes dunha catedral, grutas de decenas de metros, corredores de area entre bloques de roca e outras curiosidades. Coas "mareas vivas" nas que as mareas baixan máis e soben máis que as mareas normais incluso se pode acceder ás praias veciñas pola area, aínda que iso si se debe ter precaución e volver antes de que comece a subir a marea xa que o nivel do mar sobe rapidamente posto que se trata dun tramo de costa practicamente horizontal pertencente á Rasa Cantábrica. A praia ten este relevo debido ao efecto da erosión do vento e da auga salgada.
Contiguo ao aparcadoiro da praia pódense atopar dous miradoiros desde onde se pode contemplar na súa totalidade unhas magníficas vistas da Mariña Lucense.
Pódese acceder a ela mediante a estrada N-634 e por ferrocarril, a través dos apeadeiros de Esteiro e Reinante (Renfe-FEVE).





Doce caseiro....mmmmm

RECEITA DA BICA DE TRIVES



INGREDIENTES PARA A MASA NAI

  250 g de fariña de forza
  120 ml de auga
  7 g de fermento seco de panadaría
  1 chisco de sal

PREPARACIÓN

1. Disolve o mellor que poidas o fermento na auga.
2. Nun bol aparte pon a fariña e o sal, e a continuación engade a auga coa levaduraa. Asegúrache de que se integra todo ben.
2. Amasa os ingredientes durante uns 5 minutitos (Forma unha bóla e tápaa con filme transparente ou un pano (sen que toque a masa). Deixa que repouse polo menos durante unha hora a temperatura ambiente.
3. A masa nai pesará máis da cantidade que imos utilizar (que son 250 g). Podemos gardar o resto para facer pan ou conxelar para usar outro día.

INGREDIENTES PARA A MASA DE BICA

   250 g de masa nai
   5 ovos L
   200 g de fariña de trigo
   400 g de azucre
   300 g de manteiga
   1 culleriña de fermento
   raiadura dun limón

PREPARACIÓN

1. Bate a manteiga reblandecida a temperatura ambiente co azucre.
2. Engade aos poucos a masa nai, asegurándoche que se integra completamente. Este punto é moi importante.
3. Bate os ovos aparte e engádeos en dous ou tres quendas á masa.
4. Incorpora agora a fariña co fermento tamizando ben.
5. Por último engade a raiadura de limón para darlle un toque de sabor.
6. Engrasa un molde rectangular. Encima pon papel de forno, que verás pégase perfectamente, e volve a engrasar.
7. Verte a masa no molde e espolvorea cun pouco de azucre.
8. Hornea a Bica a 180º durante 45 minutos aproximadamente.