Mostrando entradas con la etiqueta xinzo de limia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xinzo de limia. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de enero de 2016

DOMINGO OLEIRO



O pasado domingo Xinzo de Limia celebrou o domingo oleiro e a verdade e que foi un día espectacular, o tempo acompañou, a xente puxo o sorriso e o concello puxo un elemento moi importante, as olas.
Estas olas son feitas unicamente para este día, e xúntanse entorno a unhas 300.
Os participantes póñense formando unha roda e as olas iranse pasando de uns aos outros, tendo en conta que algunha leva auga ou fariña, e que non debe tampouco caer o chan, pois senón a ese que lle cae di a tradición que debe invitar a unha ronda de viño.
A festa non decaeu en todo o día e as charangas tocaron polas rúas e na praza Maior para amenizar de novo un domingo moi entroideiro na vila ourensán.
foto de "Faro de Vigo"

foto de "La voz de Galicia"

domingo, 17 de enero de 2016

ENTROIDO

Este fin de semana comezou o Entroido mais longo de Galicia o Entroido de Xinzo de Limia, declarado como festa de interese turístico nacional.
O sábado deu o pistoletazo de saída coa celebración do petardazo, que aínda que non era habitual neste entorilo este ano así se fixo e foron moitos os que decidiron estar alí.

As 00,00 do domingo fíxose a conta atrás na praza Carlos Casares de Xinzo de Limia, para dar comezo así co novo Entroido 2016.
A continuación as charangas e as batucas inundaron a vila para amenizar as rúas.
O domingo, como xa é habitual celébrase o 1º domingo deste particular entroido onde o elemento importante será a fariña. Este día é coñecido como domingo fareleiro, e o que está claro e que se te asomas ata a vila hoxe non podes acudir coa roupa nova, porque vas saír máis branco ca un panadeiro.
Todo o mundo enfundado nos disfraces e ben ataviado con gafas protectoras, gorros e demáis, serán a indumentaria adecuada para que non suframos pola roupa, e podamos recibir toda a fariña que nos boten enriba e mesmo a que nós botemos aos contrincantes.
Se algo se pode dicir deste día e que as risas e o bo humor están asegurados.
foto sacada de "La voz de Galicia"
A partir deste fin de semana, tódalas semanas os veciños de Xinzo disfrazaranse a miúdo ata o mércores de cinsa, pero iso xa o iremos contando nas vindeiras semanas.