sábado, 27 de junio de 2015
FINAL DO CURSO 2014-2015
Este curso naceu o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da Escola Profesional Santo Cristo.
A idea que temos é de seguir cada curso que veña en potenciar o seu uso e convertilo nun blog de referencia para todos aqueles que empregamos o idioma de Galicia.
Agora despedímonos ata o vindeiro curso, aló polo mes de setembro, cando novas ilusións comezarán da man de novos alumnos que recibiremos na nosa escola
Coa imaxe dos nosos alumnos decímosvos ata logo....
FELIZ VERÁN!!!!!
sábado, 16 de mayo de 2015
CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA ESCOLA SANTO CRISTO
Con motivo da celebración na escola do Día das Letras Galegas, fomos a pasalo a casa museo de Otero Pedrayo, a cal está en Trasalba (Amoeiro, Ourense).
Para chegar ata alí primeiro fomos en autobús, pero a 2Km da casa- museo apeámonos e fixemos unha andaina pasando por sitios significativos para Don Ramón Otero Pedrayo os cales recolle no seu libro "Arredor de si".
Unha vez na casa, visualizamos dúas presentacións acerca do significado do día das Letras Galegas e sobre a figura de Filgueira Valverde.
Tamén contamos coa representación dunha obra de teatro feita por alumnado da escola e por suposto recorremos as estancias da casa na que Otero Pedrayo se relaxaba para escribir, recibía aos seus grandes amigos o simplemente vivía.

domingo, 10 de mayo de 2015
A ESCOLA SANTO CRISTO PREPÁRASE PARA CONMEMORAR O DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS
Dende a escola estamos preparando a conmemoración das Letras Galegas coma un día moi especial.
Acercarémonos ata a Casa Museo de Otero Pedrayo, e alí faremos un percorrido pola casa, veremos unha montaxe e algunha que outra sorpresa mais.....
jueves, 7 de mayo de 2015
NOTICIAS: FILGUEIRO VALVERDE
Filgueira Valverde chegará aos fogares galegos a través de pezas audiovisuais que se emitirán na televisión autonómica
- A Secretaría Xeral de Cultura e a TVG colaboran para difundir entre a cidadanía a obra do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2015
viernes, 24 de abril de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)