jueves, 12 de noviembre de 2015



COCIDO GALEGO


INGREDIENTES


  • ½ Cabeza de cerdo curada
  • ½ Lacón curado (aprox. 1 kg)
  • Espiñazo (aprox. 1,5 kg)
  • 2 Rabos salgados (aprox. 250 gramos)
  • Touciño veteado (aprox. 750 gramos)
  • Costela salgada entera ou en tiras (aprox. 750 gramos)
  • 3 Morros salgados
  • 5 Orellas salgadas
  • 5 Uñas salgadas
  • 10 Chorizos de Lalín
  • 5 Chourizos ceboleiros
  • 4 Linguas salgadas
  • 1 Galiña de casa (aprox. 1 kg)
  • Tenreira: falda ou xarrete (aprox. 750 gramos)
  • 2 trozos de graxa: (200 gramos)
  • Garavanzos (1 kg)
  • Grelos (6 mans de 1 kg cada un)
  • Patatas (aprox. 1,5 kg)


ELABORACIÓN


Catro días antes: pór o lacón a desalar en auga fría e, a poder ser, nunha zona fresca para evitar que capte malos cheiros. É necesario cambiar a auga cada 24 horas.

Dous días antes: lavar coidadosamente toda a carne de porco (espinazo, costela, cabeza, rabo, morros, orellas, etc.) e pola a desalar e hidratar tamén en auga fría, cambiando a auga ás 24 horas.

Un día antes: pór en remollo os garavanzos.

Ponse as carnes a ferver nun pote ou pota con auga fría, contando con desalarlas previamente se teñen salgadura. Cando comece a ferver, incorporar os garavanzos que se tiveron a remollo toda a noite. Deixar cocer todo a lume lento durante dúas horas, espumando continuamente o caldo. Pasado este tempo, retirar as carnes, que se manteñen quentes, para meter no caldo os chourizos, as patacas peladas e os grelos. Deixar os novos ingredientes do caldo trinta minutos máis ao lume, momento en que se comezarán a sacar as fontes do cocido á mesa. As carnes quentes con caldo, por unha banda. Os garavanzos noutra fonte cos grelos e as patacas.

Á parte da elaboración, no cocido cobra especial relevancia o modus operandi ou procedemento. Débense manter os grelos e as patacas sempre quentes e finalizar a comida, cunha boa cunca de caldo do cocido.  Outro dos manxares deste prato é facer unhas filloas co seu caldo, para introducilas no banquete como acompañamento dos chourizos.



A RUTA DESTA SEMANA.

Parque Natural Fragas do Eume


Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Dentro das súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume. O parque ten a forma dun triángulo cuxos vértices e fronteiras serían As Pontes, Pontedeume e Monfero.  

A mellor forma de coñecer o parque é a pé. Así, se un sabe ver, quizá descubra aos juguetones trasgos que habitan nel. Carballos, chopos, fresnos, alisos, máis de 20 especies de helechos e 200 de líquenes danse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque umbrío e segredo é xeneroso como as súas augas, fontes e fervenzas. Aquí non hai verde, aquí hai paisaxes de mil verdes. E escondido no corazón do bosque, o mosteiro de Caaveiro, un antigo cenobio con máis de 10 séculos de historia e unhas vistas espectaculares desta "fraga" máxica. 





O Mosteiro de Caaveiro

San Xoan de Caaveiro é un dos máis pintorescos mosteiros de Galicia. Atópase no parque Natural de Fragas do Eume, no Val do Río Eume, na provincia da Coruña.

Magnífica paisaxe do Val do Eume onde se sitúa o Mosteiro de CaaveiroEl Mosteiro de San Juan de Caaveiro, segundo a tradición, foi fundado por San Rosendo para aglutinar a un grupo de anacoretas que vivían neste lugar tan apartado, alá pola primeiro metade do século X.

O que si se sabe con certeza é que primeiro foi un mosteiro benedictino altomedieval e que logo pasou a ser colexiata (pertencendo aos Cóengos Regulares de San Agustín). Tivo este cenobio gran influencia en toda a comarca de Pontedeume como se comproba en que no ano 1107, Alfonso VII doou ao abade Pedro e aos monxes de Caaveiro todas as posesións en que estaba asentado o Mosteiro. Tamén logra quedar exento da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela

Non se coñece con exactitude en que data converteuse o antigo Mosteiro benedictino en real colexiata agustiniana. Por varios documentos do século XIII sabemos que en Caaveiro, nesa centuria, xa estaban os Cóengos Regulares de San Agustín, pois non se menciona ao Abad e aos monxes sometidos á observancia da Regra Benedictina, como nos privilexios de Alfonso VII e Fernando II.

É por iso que se deduce que este cambio se produciría nalgún momento da segunda metade do século XII aínda que tamén se descoñece se foi porque os benedictinos decidiron adoptar a Regra de San Agustín ou porque, disolto o primitivo Mosteiro, reconstruíuse con cóengos regulares vindos desde outro lugar.



domingo, 8 de noviembre de 2015

E AÍ VAI OUTRO POUCO DE HUMOR .....


MOITAS GRAZAS AO HUMOR DE DÁVILA, POR FACER ESTAS VIÑETAS QUE TAN BOS MOMENTOS NOS FAN PASAR

O REFRÁN DO MES DE NOVEMBRO

"CASTAÑAS, NOCES E VIÑO, FAN AS DELICIAS DO SAN MARTIÑO" 

"POLO SAN MARTIÑO MATA O TEU PORQUIÑO"

O refraneiro popular galego soe estar relacionado coa comida e coas festas.
Na época de San Martiño son moitos os refráns que lle fan mención e mais na cidade de Ourense por ser o seu patrono.
Por estes días, comezan as matanzas, esas grandes festas familiares que se suceden na maioría das casas dos nosos pobos.
Tamén o redor do día 11 de novembro son moitas as persoas que celebran o magosto.
Na súa orixe, o magosto foi unha festa ao redor do lume e as castañas asadas coa que os galegos agradecían as cosechas. O lume nas casas das frías noites de primeiros de novembro axudaba a compartir contos e lendas antigas entre familiares e veciños.
A noite tamén era o escenario para os grupos de amigos que facían o lume ao aire libre e comían castañas, chourizos asados, e se probaba o novo viño, o cal todo levaba a cantar e contar contos.
A festa ao final remataba cunha gran queimada, polo que xunto que os outros elementos representaban os símbolos da vida e símbolos purificadores.
Ourense víveo como un gran día, inclusive é festivo, pois celébrase o San Martín de Tours, e dende 2008 converteuse en festa de interese turístico de Galicia.
Destaca ese día, pero tanto días antes como días posteriores son moitas as fogatas que deixan ver o fume o redor da cidade.


jueves, 5 de noviembre de 2015

A viaxe da semana.



SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL



Sen dúbida, un dos nosos rincóns favoritos e un dos lugares máis encantadores de toda a comunidade. Trátase dun antigo mosterio construído en época medieval, que conta ademais cunha das mellores igrexas do románico rural en toda Galicia. Por si fora pouco, o monumento atópase no máis profundo dun bosque centenario, conformando un conxunto casi místico e con moito encanto.

O mosterio beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, encravado nun espectacular e grandioso paraxe ao carón do río Sil, no castañal de Merilán, por debaixo do monte Varona, constitúe un dos grandes encantos monumentais e espirituais da Ribera Sacra, de máximo interese desde o punto de vista artístico e arquitectónico.

A torre do campanario da igrexa conforma un elemento arquitectónico de singular interese, e resulta absolutamente excepcional nas construccións do protogótico galego hola sea situación integrada no caparazón norte do claustro. Da "imaginería" conservada destacan, tanto unha talla manierista do apostolo San Pedro, de finais do século XVI, como os retablos barrocos que evidencian a prosperidade do templo no século XVIII.


Na dependencia anexa á igrexa, habilitada para sancristía, consérvanse pinturas murais do século XVIII, coa representación do escudo de Santo Estevo, que se suman ás do interior da igrexa, de notorio sabor popular. O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, preserva unha gran importancia monumental, que determinou a decisión de outorgarlle a categoría de ben de interese cultural, 1 de Outubro de 2008.


A receita da semana...

RECEITAS TRADICIONAIS GALEGAS

PAN DE CASTAÑAS DE GALICIA E MAÍZ


INGREDIENTES

·      5 KG DE FARIÑA DE TRIGO

·      1,5 KG DE FARIÑA DE MAÍZ

·      3 KG DE FARIÑA DE CASTAÑAS

·      2,5 L DE AUGA

·      LEVADURA

·      SAL


PREPARACIÓN PASO A PASO....

1.- Mesturamos os ingredientes e amasamos, unha vez que estea compacta a masa, gardámola nun pano e a deixamos repousar durante 12 horas.

2.- Dámoslle forma e a metemos nun forno de leña durante 45 minutos; se non temos forno de leña nun forno a 180-200ºC.



domingo, 1 de noviembre de 2015

O SAMAÍN

Cada ano se fala máis da festa de Halloween, onde a xente se disfraza de pantasma, mortos, caveiras, esqueletos,...
Pero en Galicia xa existía unha festa con esta tradición, que se chama O Samaín.
Dita festa ten orixe Celta, e significaba o fin do verán e a chegada da estación escura, co Samaín dábase por rematada a época das colleitas.
Rafael López Loureiro foi o encargado de revivir esta tradición en Galicia, alá polo ano 1989 cando era mestre nunha escola de Cedeira (A Coruña), e así cada ano vai collendo máis seguidores, mesturado un pouco cos seguidores do tradicional Halloween que ten máis adeptos nos países anglosaxóns. Esta festa tamén ten a súa orixe no Samahin dos celtas.
O que sí, mais galega ou mais anglosaxona, é unha noite de medo, terrorífica, onde as películas e as historias de terror teñen o seu oco, e onde os máis pequenos van pedindo doces, co seu famoso "Truco ou Trato"