domingo, 1 de noviembre de 2015

PONTE DE TODOS OS SANTOS

Xa estamos na metade da ponte de Todos Os Santos, é unha fin de semana moi longa, onde a maioría dos galegos acercámonos aos nosos pobos para visitar os cemiterios onde están os nosos seres queridos.
Por iso, o maravilloso humorista Dávila, nos fai un bonito retrato do que se vive estes días nos camposantos pero como sempre cun toque de humor.


Pero moi vencellada a Ponte de Todos Os Santos está a Feira de Santos en Chaves, onde tradición e festa se mesturan.
Miles de galegos acoden o país veciño para pasar o día entre feirantes, postos de pulpeiras chegadas do Carballiño e como non os mobles propios de Portugal.

sábado, 17 de octubre de 2015

E VEÑA FESTA....!!!!

Se algo caracteriza a Galicia son as festas, non hai día, e sobre todo fin de semana que non haxa algunha festa en algún sitio da comunidade.
Así pois intentaremos todas as semanas recopilar algunhas delas para que podades ir comer un bo xantar, mercar unhas rosquillas ou bailar ata que o corpo aguante....

Estes días destacamos as seguintes festas:

* X Concurso de Tapas en Vigo
* IV Xornadas da carne de boi en Allariz
* XXIV Semana Micolóxica en Cambre
* As San Lucas en Mondoñedo
* XVI Feira histórica de Arteixo

Se aínda non sabes que facer, e te atopas preto podes acudir :

* Concerto dos Secretos en acústico en Vilargarcía de Arousa
* Salón Nupcial en Santiago de Compostela
* Ventorock 2015 en Redondela
* III Feira de Empregalia en Vigo
* XVIII Festa do Codillo en Mós



E para os amantes do deporte mañá celebrarase en Pontevedra a XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra.

Así que xa sabedes, nada de quedar na casa que a oferta e moi variada.



sábado, 10 de octubre de 2015

REFRANEIRO POPULAR GALEGO

Din os nosos maiores que os refráns nunca faian e polo tanto este ano publicaremos un refrán para cada semana. Seguro que confirmamos a idea dos nosos antergos e o refraneiro non nos deixa quedar mal.

Hoxe déixovos o primeiro "Outubro quente, inverno detente"

Estamos comezando o mes de outubro polo que veremos como veñen as temperaturas para poder saber se o noso refrán esta acertado. Deica a próxima semana!!!!

miércoles, 7 de octubre de 2015

HUMOR GALEGO

VOLTA AO TRABALLO....

Xa estamos de novo con todos vós!!! De aquí en adiante todas as semanas publicaremos artigos, novas e actividades que se levan a cabo na escola. Esperamos que sexa da vosa utilidade e que podades deixarnos todos os comentarios que vos parecen acordes coa temática!!!

jueves, 3 de septiembre de 2015

EN CONSTRUCCIÓN......

Como cada 1 de setembro os profesores xa estamos incorporados de novo aos nosos postos de traballo, preparando todo para o alumnado que recibamos, poñendo todo a punto para un novo curso, así que pronto estaremos de novo por aquí, con novos chistes, novas dedicatorias a persoeiros importantes da cultura galega e un longo etcétera....

sábado, 27 de junio de 2015

FINAL DO CURSO 2014-2015

Este curso naceu o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da Escola Profesional Santo Cristo. A idea que temos é de seguir cada curso que veña en potenciar o seu uso e convertilo nun blog de referencia para todos aqueles que empregamos o idioma de Galicia. Agora despedímonos ata o vindeiro curso, aló polo mes de setembro, cando novas ilusións comezarán da man de novos alumnos que recibiremos na nosa escola Coa imaxe dos nosos alumnos decímosvos ata logo.... FELIZ VERÁN!!!!!